
Volve a UEFA a Balaídos. Esta noite, a partir das 21.00h o Eintracht de Franckfurt coñecerá ao Celta e a Balaídos.
Será unha ocasión de ouro para que Friedhelm Funke, adestrador dos xermanos, coñeza como é Balaídos nunha noite europea.
O adestrador alemán declarou que quedou sorprendido do poucos afeccionados e o escaso ambiente que houbo en Balaídos fronte ao Sevilla.
Así mesmo, aínda que advertiu do perigo dos celestes ao contraataque, pensa que o seu equipo non ten que ter excesivos problemas para vencer en Vigo, declaracións estas realizadas á web oficial do Eintracht.
Entre os nosos, cabe destacar a ausencia de Oubiña, que non vai forzar para non perderse o partido no Bernabeu,e a de Placente, aínda mancado.Asemade, é máis que posible volta de Jorge Larena ao once titular.
Entrementres Vazquez, destacou o poderío táctico e físico do Eintracht, rival polo que amosa un gran respecto, aínda que o que máis lle preocupa é que o seu equipo recupere o nivel de xogo amosado noutras datas.
Balaídos non se enchera (que novidade!). Onte só 6.000 aboados retiraran o seu suplemento, e tal como puido comprobar hoxe TODOCELTA, a venda de entradas á mañá era lenta pero constante. Non existían colas nas taquillas.
Ao redor de 1500 alemáns estarán en Rio Baixo, e esta mañá xa poblaban as terrazas do centro de Vigo, probando unha boa "Estrella Galicia".
E aquí vos deixo outro video feito por un siareiro de Eintacht na última visita a Munich, no encontro fronte ao Bayern. Ao comezo semella o video de Jesulinho da viaxe a Coruña.
Impresionante o Allianz Arena. Calcadiño a Balaídos
¿Cantan en Español na canción?
| .:: Escribe tu comentario |