Martes, 31 de Outubro de 2006
BOOMERANG INTERVIÚ




Hora XXV, esa foi a primeria denominación do agora coñecido Boomerang Interviú. Este clube naceu en 1977 fundado da mán do máis que coñecido Jose María García.
Nos primeiros encontros, xogaron ilustres personaxes coma, o propio Jose María García, Ufarte, Abelardo, Amancio, Goyanes...claro está que o carácter dos encontros era de amigables e partidos de exhibición.

Na primeira tempada n Primeira División acadou o título de Liga (tempada 79/80), xa co patrocinio de Edicións Zeta, e co nome Interviú Hora XXV.
Asúa etapa máis gloriosa coincide co patrocinio de Corte Inglés acadando 8 títulos de Liga consecutivos, e catro Copas de España.


Nas dúas tempadas co nome deportivo de Antena 3 Boomerang, consiguíronse , unha Copa de España, unha Supercopa e o decimoterceiro Campionato de Liga, sendo así o clube mais laureado do fútbol sala nacional.
Na campaña 2002/2003 volveu acadar o título de Liga, e unha Supercopa, acadando a propiedade de ambos títulos.

A tempada 2003/2004 será recordada por todolos afeccionados a este deporte como a mellor tempada de calquera clube da liga do futbol sala nacional, o ser quen de acadar tódolos títulos en xogo; Liga, Copa, Copa de Europa, Supercopa, e Copa de Ibérica. Como colofón a esa gran tempada, na seguinte, acadou o único título que lle faltaba nas súas vitrinas...a Copa Intercontinental.

Finalmente o ano pasado, este clube acadou outros 5 títulos entre Copa de Europa, Copa Intercontinental, Copa Ibérica, Campión de Madrid, e campión da Supercopa de España, ademais de ser recoñecido polo Consello de Ministros, como novo membro da Real Orde do Mérito Deportivo, coa categoría de Placa de Ouro.



Palmarés:

16 Títulos de Liga
8 Títulos de Copa
7 Copas de Europa
3 Copas da UEFA futsal Cup
2 Veces campion do mundo
2 Copas Ibéricas


O ENCONTRO



O encontro que disputarán mañá, día 1, as 12:30 no pavillon Caja Madrid de Alcalá de Henares, estará marcado pola imperiosa necesidade do Celta F.S de acadar un resultado positivo, xa que do contrario os seus rivais directos na loita por evadir o descenso poderán distanciarse e comezar a por terra de por medio.

O Boomerang Interviú chega a este encontro co liderato posto en mente, e loitará co El
Pozo Murcia por rematar esta xornada no primeiro posto da táboa.
No partido pasado o Celta Plantou cara fronte o Caja Segovia , pero non foi quen de acadar nada positivo na súa visita ó Municipal Pedro Delgado. O resultado foi de 2-1 o que deixa claro que foi un encontro moi disputado e no que poido suceder calquera cousa.


O adestrador do equipo celtiña, comentou referent o choque de mañá, que: “é un rival moi complicado, nunha cancha moi complicada. O Boomerang é un equipo que vai a perder 2 ó 3 partidos en toda la liga. O Carnicer xa lle gañou y temos que seguir con esa ilusión e tentar sacar os 3 puntos adiante”.

O Boomerang , lembremos, é o equipo menos goleado do cambpionato con tan só 11 goles en contra, o que fai unha media de 1,5 goles por partido. Para Gustavo Montero, “é un equipo que ten moitísima calidade individual, moita velocidade e que fai perto de 40 ocasións de gol por partido. Ademáis de que están recuperando o seu bo xogo, o amosaron fronte ó Lobelle e teñen a un Schumacher increíble”.

O equipo está doío e pasando por un bache anímico pero coma sinalaba o adestrador: “concienciado de que de esta situación sáese con traballo, estando unidos directiva, plantilla e afeccionados e estamos convencidos de que sairemos adiante”.



BOOMERANG INTERVIÚ – CELTA DE VIGO
1/11/06 12:30 Pab.: Caja Madrid de Alcalá de Henares
Árbitros: Peña Díaz y Peña Gómez (Granada)
BAIXAS: Luis Arrizabalaga (Boomerang Interviú), recuperase dunha intervención no quinto metatarsiano do pé esquerdo. Siso (Celta de Vigo), por decisión técnica.



Iago Fernandez xefe de prensa da sección de Futbol Sala de TODOCELTA.COM


[...]


Ler máis ...
Publicado por IaguinhoGZ @ 16:58  | Celta FS
Comentarios (1)  | Enviar
Luns, 30 de Outubro de 2006

Imagen


Desastroso encontro o protagonizado onte polo RC Celta ante un Sevilla, que exerceu de vixente campión da UEFA e meteu, literalmente, un repaso aos vigueses.

A pesar de adiantarse pronto no marcador grazas a un tanto de Nené, o Celta nunca estivo enchufado ao encontro. Canobbio (que se adicou a botar a siesta durante todo o partido) fallou unha clara ocasión que poderia ter sentenciado o encontro.

O Sevilla soubo refacerse despois do gol e foi gañando terreo aos célticos.
Poulsen
foi o encargado de conseguir o empate para os sevillistas. Gran parte de culpa dese gol foi de Navas, que cuaxou onte un excelente partido, rompendo a un Placente apático e que foi substituido no descanso por Jonathan.

Xa na segunda metade, o Celta semellaba un pouco máis enchufado ao encontro, pero onte non era a nosa tarde.
Unha gran pifia de Nuñez en defensa regalou o segundo gol para os sevillistas, que xa avisaran anteriormente cun balón ao longueiro. Adriano non perdoou.

De todos xeitos, a pesar do baño sevillista, o Celta tivo a ocasión de empatar cun penalti no minuto 88 que errou Baiano, e que Contreras non soubo materializar no rexeite.

En definitiva, partido para esquecer o de onte e que puido ser peor xa que o Sevilla tivo ocasións para golear.
Ningún equipo pegou tal meneo ao Celta en Balaídos dende que ascendimos.

Ogalla o xoves sexa outra historia.

NOTA:TodoCelta.com non pode ofrecer hoxe o resumo do encontro. Intentaremos buscar solución ao longo da tarde.
[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 16:15  | Liga
Comentarios (0)  | Enviar
Domingo, 29 de Outubro de 2006

Imagen

O Celta enfrontarase hoxe ao Sevilla en Balaídos nun encontro que pode ser determinante nas aspiracións celestes esta temporada.

Unha victoria hoxe fronte ao vixente campión da copa da Uefa podería ser moi importante para achegarse aos postos UEFA e enfrontar con tranquilidade o encontro fronte ao Eintracht.

En Vigo a dúbida a protagoniza Borja Oubiña que hoxe cumple 3 anos dende o seu debú co primeiro equipo. O canteirán entrou na lista aínda que ten complicada a súa participación no once inicial.
Outro que tamén está de aniversario e ten garantido o seu concurso no encontro e Pinto, que celebra o seu partido número 100 na élite.
Con Placente xa recuperado, a outra dúbida e a de Lequi, quen parece que comezará o partido no banco cedéndolle o posto a Tamas.
As outras baixas son as xa sabidas de Gustavo, De Ridder e George Lucas.

Os hispalenses tamén teñen varios descartes como os de Dani Alves, Luis Fabiano e Chevantón.

Finalmente haberá TV en directo, aínda que xa sabedes que o mellor sitio para gozar do fútbol é Balaídos Sonrisa

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 13:12  | Liga
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen


Os porteiros seguen a ser noticia en Casa Celta. Despois das súas grandes intervencións e das súas respectivas renovacións, agora chega unha nova efeméride. Pinto hoxe cumprirá o seu partido número 100 en primeira división.

Tomas Guasch entrevista ao porteiro no diario AS. Lede a entrevista dentro deste artigo.


[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:54  | Liga
Comentarios (0)  | Enviar

O Eintracht cae fronte ao Bayern e o Newcastle empata co pechacancelas


O rival do Celta o vindeiro xoves, o Eintracht de Francfort, perdeu por 2-0 co Bayern de Munich. Os bávaros foron moi superiores e con goles de dous ex xogadores da Liga española, Makaay e Van Bommel, sentenciaron o partido na primeira media hora de xogo. Logo Pizarro marró un penalti ante a parada acertada de Nikolov antes do descanso.

O Eintracht terminou o partido con dez xogadores pola expulsión de Kyrgyakos e isto obrigou a un esforzo maior aos seus compañeiros durante boa parte do segundo período. Os de Francfort caen á décimo terceira posición.

Tamén foi mala a imaxe do Newcastle que empatou ao Charlton, pechacancelas da Premier. Un partido sen goles, no que chegou a saír ao campo o ex deportivisita Albert Luque, evidenciou o mal momento das urracas. Seguen flirteando cos postos de descenso de categoría.

Os outros rivais do grupo do Celta xogan hoxe. O Palermo intentará defender o liderado na súa visita a Florencia para xogar ante a Fiorentina que é un dos equipos castigados con perda de puntos polo que se atopa penúltimo con menos catro puntos na táboa. O Fenerbhaçe tamén xoga hoxe ante o Manisaspor a partir das sete da tarde.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:40  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar
Sábado, 28 de Outubro de 2006
CAJA SEGOVIA F.S


Os comezos deste club datan de 1985 cando un grupo de amigos formaron o, naquel entonces chamado, “La escuela homo de San Millán”.

Dende esta data, o nome foi cambiando; “ La escuela F.S”, “Prodiecu F.S”, e finalmente tal e como agora o coñecemos, “Caja segovia F.S”.

A meirande historia do clube comezou a tomar forma cun gol de xogador Cesar Muñoz, que significou a con [...]
Ler máis ...
Publicado por IaguinhoGZ @ 16:01  | Celta FS
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 27 de Outubro de 2006

Imagen

"Quédame moi lonxe. Supoño que daquela me faría ilusión"


Coa súa seriedade e sangue frío habitual, Borja Oubiña falaba onte para o diario AS sobre os tres anos que vai cumprir co primeiro equipo.

O 4 celeste debutou un 29 de Outubro de 2003 fronte ao Valencia naquel fatídico ano da Champions e do descenso.
De feito, estes dous feitos son dos que máis marcaron ao vigués.


"Do meu tempo como profesional quedaría no aspecto negativo co descenso, e no positivo co ascenso e o debút na Champions. Non sabería como describir esa sensación".


Aínda que o xa internacional absoluto non se acorde, ese debut foi moi importante para o celtismo. A canteira celeste volvía facer debutar un gran xogador cun excelente futuro. O último fora Michel Salgado.
Ogalla poidamos gozar outros tres anos do mellor Oubiña.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 13:19  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen


Segundo informa celestesgal, Pablo García e Néstor Fabián Canobbio foron chamados por Washington Tabarez para disputar un encontro amigable fronte a Xeorxia o vindeiro 15 de Novembro.
Xunto aos celestes, tamén iran convocados outros coñecidos da liga española, como o porteiro do Vilareal Viera, Diogo, Estoyanoff, Forlán ou Regueiro.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 13:01  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 26 de Outubro de 2006

Imagen


A nova camisola celeste supera en só dous meses as vendas de camisetas de todo un ano.

Segundo publica Faro De Vigo hoxe, a nova equipación suplente está a ter unha acollida descoñecida ata o de agora en Vigo.
Dende que se presentara a equipación na festa de Castrelos do pasado verán, 6.564 persoas xa adquiriron a súa camiseta mandarina.

Un exemplo do éxito de vendas son as 2.000 camisetas granates que se venderon en todo o ano pasado, ou as 4.200 camisetas azuis que se venderon en 2003.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 13:18  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Mércoles, 25 de Outubro de 2006

Imagen


Vivimos nun pais de adestradores. Dun mesmo partido pódense sacar centos de conclusións, todas diferentes, e podemos estar discutindo unha semana completa sobre esas diverxencias.

Pero se hai unha conclusión común que tódolos celestes podemos tirar destes dous últimos encontros, é que temos dous porteirazos.

De Pinto, pouco podemos dicir xa que non se teña comentado nalgunha outra ocasión.
O noso capitán gaditano, heroe do ascenso e da clasificación europea, é un andaluz con corazón celeste. Leva moitos anos aquí e ten saboreado os meles do éxito e a dor do fracaso.
Despois de pasar moitos anos á sombra doutros cancerbeiros alternando banco con algunha que outra racha de titularidade, chegoulle a súa oportunidade, a que aproveitou e de que xeito.
Aquel porteiro inseguro que provocaba un run-run en Balaídos cada vez que facía algunha saída, convertiuse nun gardamallas de reflexos felinos, paradas espectaculares e algún que outro adorno para a televisión. Todo un seguro de vida.
O seu premio chegou o ano pasado coa consecución do Trofeo Zamora, recoñecemento ben merecido. Aínda que semella que ser o porteiro menos goleado da liga, sendo do Celta ten menos meritos que xogaras no Barça ou no Madrid. Vivir para ver.

Esteban chegou a Vigo cunha xa dilatada carreira e un recoñecemento a nivel estatal. Todo apuntaba a que sería o porteiro titular do Celta no seu regreso á élite. Pero non contaba co extraordinario momento de Pinto Colorado.
Quedou relegado ao banco, para só xogar minutos residuais en partidos menores ou para suplir a Pinto. Todos nos lembramos dese partido fronte ao Depor.
Como calquer xogador de elite, Esteban manifestou a súa inconformidade coa súa situación e avogou por buscar unha solución.
Finalmente ficou en Vigo
, e neste mes ten por diante a oportunidade de dar un puñetazo na mesa e reivindicarse como porteiro en Vigo. Os partidos de UEFA e Copa deste mes semellan unha oportunidade de ouro para sumar minutos e demostrar ao público o gran cancerbeiro que é. De momento, así o fixo en Vitoria.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:37  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen


A eliminatoria vaise decidir en Vigo. Ou polo menos iso é o que se desprende do empate a ceros colleitado polo Celta na súa visita a Mendizorroza.

Fernando Vazquez declaraba antes do encontro que o obxectivo era non encaixar. E asi foi. De feito, pódese considerar como un bo resultado trala expulsión de Angel a comezos da segunda metade.

O Celta, a pesar de sair con tres centrais, fixo un encontro ordeado, que só perigou trala expulsión.
Despois de aguantar as embestidas alavesistas (bo encontro de Esteban), os celestes conformáronse co empate e deixaron todo para dentro de dúas semanas, en Balaídos.



Multimedia


MINIRESUMO DO ENCONTRO



[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 1:38  | Copa do Rei
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 24 de Outubro de 2006
O vindeiro partido do Celta será no campo de Mendizorroza fronte o Deportivo Alavés.
O noso rival ven de gañar na casa ó Castellón por dous a cero nun bo partido. O primeiro tanto foi obra do australiano John Aloisi no minuto 50 e o segundo, dun dos ex-xogadores do Celta, Toni Moral no minuto 92. O equipo vasco sitúase na zona nobre da clasificación, na sétima posición con 15 puntos, a só un do ascenso.
Os celtiñas vanse atopar cun equipo perigoso, feito pra o ascenso, no que milita algún que outro vello coñecido como o "famoso" Toni Moral, Jandro ou efémero Bartolomeu Ogbeche.

Destacan outros xogadores na plantilla vitoriana como o veterano arxentino Astudillo, o defensa tamén arxentino Pablo Brandán, Carpintero, o dianteiro Rubén Navarro ou o xa citado anteriormente, John Aloisi. O adestrador segue a ser o infame Chuchi Cos, que segue a por a cara e o carnet de adestrador pra que o impresentable de Dmitry Piterman siga a facer as alineacións. O Celta non debería ter problemas ante o conxunto alavesista se plantexa un partido serio en defensa xunto cos ramalazos habituais de calidade que posúe a xente de arriba. O Celta contará coas baixas de Placente, o malogrado George Lucas, G.López e Daniel de Ridder. Pola parte do Alavés conta coas baixas por lesión de Jandro, Carreras, Edu Alonso, Carpintero e Wesley e de Gaspar por sanción.

Non están confirmadas as alineacións pero homes coma Esteban, P.García, Guayre, Jonhy ou Tamas teñen todalas papeletas pra xogar mañá.
[...]
Ler máis ...
Publicado por Kikinho_GZ @ 0:54  | Copa do Rei
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 23 de Outubro de 2006
O arxentino Diego Placente non poderá xogar o encontro copeiro que medirá mañá ao Celta co Alavés e é sería dúbida para o choque do próximo domingo co Sevilla, por mor da escordadura que padece no nocello esquerdo.
O lateral esquerdo, que tivo que retirarse aos oitenta e cinco minutos do encontro que enfrontou onte ao Celta co Athletic de Bilbao en San Mamés ( 0-1), non puido exercitarse hoxe por este motivo xunto co resto dos seus compañeiros.

Placente, de 29 anos, traballou baixo a supervisión dos fisioterapeutas do cadro vigués no ximnasio das instalacións de Lezama, lugar habitual dos adestramentos do Athletic de Bilbao, onde se exercitou hoxe o conxunto galego.

A baixa do internacional albiceleste obrigará con case toda seguridade ao canario Ángel López, habitual lateral dereito, a actuar no carril zurdo mañá ante o Alavés en Mendizorroza, nun choque no que Fernando Vázquez aliñará un once infestado de novidades.
[...]
Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 22:35  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen

Celtarrismo descóbrenos hoxe unha imaxe acontecida o pasado sábado en Riazor, cando Arizmendi volvia facer gala do seu rancio pensamento na celebración do gol.



"O dianteiro do Coruña Arizmendi, ideolóxicamente da mesma corda que o descerebrado Salva Ballesta, celebrou o gol que anotou esta mesma xornada ante o Atlético de Madrid erguendo o seu brazo dereito ó modo fascista, lembrándonos ó impresentable de Di Canio, que tanta polémica ten suscitado en Italia por realizar acenos semellantes nas celebracións dalgúns dos seus goles. O dianteiro, que xa nalgunha ocasión exhibira a súa ideoloxía fascistoide sacando por exemplo a bandeira española co polo, sorprendeunos no encontro deste sábado sacando a súa zarpa a pasear con toda tranquilidade, e diante dun grupo que agora dí ser antifascista pero que semella que como este tipo mete goles para o seu equipo, se lle perdoa. En fín, cousas de ultras. Sei doutros que tamén van de super ultras antifas e que logo tamén aplauden e corean o nome de Salva por ser ex-xogador do seu equipo. Son dúas probas máis de que no estado español, as palabras ultra e antifascista non casan moito que digamos. É por iso que Celtarras nunca se considerará un grupo ultra, e sempre seremos antifascistas. Non sabemos se acadariamos botar do Celta a un facha déstes, pero o que sí está claro, é que na nosa cidade non o ía pasar todo o ben que quixera."



[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 13:51
Comentarios (2)  | Enviar

Imagen


O RC Celta sumou onte tres importantes puntos a base de sufrimento e orde. Un tempraneiro gol de Baiano, e a inconmensurábel actuación de Pinto fixeron que os vigueses se levaran a victoria e comecen a escalar postos na clasificación.

O partido en sí non tivo máis historia. Salientar o debut de Guayre, que saiu substituindo a Nené, e que finalmente acabamos xogando con 5 defensas e sen dianteiro.
Pero o que realmente importa é que o Celta comeza a sumar, e podemos ir mirando cara arriba na clasificación.
Importante victoria que nos dará tranquilidade para viaxar a Vitoria e recibir ao Sevilla en Balaídos.



Multimedia



Cortesía de celestes.org

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:36  | Liga
Comentarios (2)  | Enviar
Luns, 16 de Outubro de 2006

Aquí estamos de novo. Despois dalgunha tentativa de cambio na web, e algún que outro problemiña técnico, voltamos aos nosos orixes co noso formato de blog.
Prometo non trocar máis o formato en moito tempo, e centrarnos no que realmente nos interesa, que é o RC Celta.
De todos xeitos, estreamos hoxe algunhas características novas. (vou aprendendo html, jeje). Entre elas están a aparición da clasificación na web principal, o novo menú desplegable de artigos anteriores, a opción de escribir comentarios de xeito rápido aos artigos (non é necesario ir a miarroba) e o menú a modo de mini banners.
Intentarei ir mellorando certos aspectos, así como a visualización da web co Internet Explorer. De todos xeitos, nós sempre recomendamos Firefox!!!.
Ao longo destes dias iremos importando os artigos que publicamos no noso outro modelo de web, co fin de completar o noso arquivo de noticias.
Desculpade polas molestias e o sinfin de trocos.
[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 17:14  | TodoCelta
Comentarios (3)  | Enviar
Despois de moito agardar, por fin está aqui a primeira entrega do video da viaxe a Riazor o ano pasado. Debido o peso do video vinme na obriga de cortalo en dúas partes e manter unha boa calidade de visión para todos vós. Ogallá vos guste e vos faga rememorar vellos laureles.
HALA CELTA!!!!!!!!!!!!!


[...]

Ler máis ...
Publicado por IaguinhoGZ @ 12:48
Comentarios (0)  | Enviar
Mércoles, 11 de Outubro de 2006

SEMIFINAIS COPA XUNTA. 20.30h Balaídos Imagen


Chegan as semifinais desta primeira e desastrosa Copa Xunta.
Despois da polémica sobre o lugar de celebración do encontro, nun principio ía ser en Ferrol, chegan a semifinal e maila final a Balaídos.

O encontro de hoxe pódese considerar como "unha molestia" para os nosos, inmersos xa no importante partido que lles vai enfrontar ao Valencia este fin de semana.

Vazquez, que convocou aos mancados, non correra riscos, aínda que sí prometeu tomarse o partido coa maior seriedade posíbel.
Quizáis hoxe vexamos o debut de Guayre.

O clube non agarda unha gran entrada, e de feito só abrirá as bancadas de Tribuna e Preferencia. Os aboados tanto do Celta como do Ferrol teñen libre acceso ao partido. Ogallá superemos os 4000 espectadores do Cidade De Vigo.
[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 13:11  | Copa Xunta
Comentarios (0)  | Enviar
O RC Celta de Vigo celebrou onte a súa asemblea anual de accionistas, a primeira da era Mouriño, que se convertiu nun paseo para o novo presidente e o seu consello.

Poucas propostas, os datos xustos, pero moitas loubanzas para os primeiros meses de xestión desta directiva.

Finalmente aprobouse un orzamento de un 30 - 35 millóns de euros, que variaran dependendo dos obxectivos acadados na copa da UEFA.
A 30 de Xuño, data na que se auditaron as contas, o orzamento elevaríase ata os 25 millóns de euros, cifra á que habería que sumar as primas aos xogadores, os cartos chegados dende Europa, e a posibilidade de reforzar o plantel no mercado de inverno.

Record de altas.

O Celta informou onte, que no que levamos de temporada, rexistráronse 3.386 novos socios, o que representa para o director xeral Martinez Cobas, todo un éxito da campaña de socios levada a cabo por esta directiva e un record de novas altas na historia do clube.

Aínda non se deron datos definitivos sobre a masa social do clube, xa que restan por contabilizar os carnets non renovados ademáis de estar a espera de rematar a campaña telefónica para captar e manter aboados.


Horacio, presidente de Honra.

Como se de Di Stefano se tratara, Horacio Gómez pode convertírse en presidente de Honra do RC Celta, por considerarse, como o mellor presidente da historia do clube.
Esta moción, levada por sorpresa a asemblea, obtivo o respaldo do accionariado, aínda que queda por confirmar, xa que non estaba incluida na orde do día.

[...]
Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:46  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 09 de Outubro de 2006
Sábado, 07 de Outubro de 2006

Imagen


A festa do Fútbol Sala galego saldouse cunha derrota local ante un duro rival, como é o Autos Lobelle.
Os celestes comezaron o encontro perdendo, aínda que grazas a boa actuación de Indiao, autor dos tres goles do Celta, remontouse o resultado.
Pero o partido non rematou ahí. Os santiagueses, alentados polo seu público desprazado ata as Travesas levaronse o partido grazas aos goles de Chilavert e Miguel.

Primeira boa experiencia de TodoCelta.com no pavillón das Travesas facendo o seguimento ao Celta F.S. Dende a nosa web, intentaremos apoiar a estes rapaces que ben seguro nos van dar moitas alegrías ao longo desta primeira temporada na elite do futbol sala español, a mellor liga do mundo.


RC CELTA --- AUTOS LOBELLE

1 Arrivi --- Marimón 1
2 Purao --- Danieli 5
10 Chelito --- Manu 8
7 Gustavo Marques --- Miguel 14
9 Indiao --- Serpa 11

SUPLENTES

13 Daniel --- Chilavert 6
11 Leandro --- Saúl 4
14 David Souto --- César 7
---------------------Yoni
---------------------Betao 12

GOLES
0-1 12' Gol Saúl
1-1 22' Gol Indiao
1-2 24' Gol Saúl
2-2 25' Gol Indiao
3-2 34' Gol Indiao
3-3 38' Gol Chilavert
3-4 38' Gol Miguel

OUTROS DATOS DE INTERESE
Xornada 5 7 de Outubro do 2006 - 18:00
Pavillón: As Travesas
Espectadores: 2000
1er. Árbitro: Esteban Salcedo (ESP)
2º Árbitro: Gracia Marin (ESP)


[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 21:05  | Celta FS
Comentarios (0)  | Enviar
O dianteiro brasileiro Fernando Baiano e o atacante pacense Jesús Perera centraron o interese da sesión preparatoria do Celta, ao protagonizar un rozamento durante as disputa dun partidillo.

Ambos os xogadores, que manteñen un duelo pola titularidade na punta do ataque do conxunto celeste, na que polo momento gaña con absoluta claridade o brasileiro, protagonizaron un «pique» no tramo final do encontro que pechou o adestramento celeste.

Perera soltou, durante a disputa por un balón, un lapote a Baiano, ao que o de Sao Paulo respondeu cunha patada ao pacense.

No entanto, os ánimos rapidamente acougáronse e, unha vez concluído o partidillo, o brasileiro achegouse a Perera para pedirlle desculpas.

Por outra banda, o arxentino Gustavo López e o uruguaio Pablo García, do mesmo xeito que o resto de tocados cos que conta o equipo vigués, seguiron co seu proceso de recuperación con diversos exercicios de carreira continua.

Mentres que o resto do persoal, que gozará de dous día de descanso, empregáronse con maior intensidade, sobre todo no partidillo co que finalizou a sesión, como demostra o incidente entre Baiano e Perera.

lavozdegalicia
[...]
Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 20:18  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Partidos como os de onte deberían desaparecer do calendario futbolístico en plena competición. E é que o Cidade de Vigo serviu para confirmar, ante a ausencia de público, que si, que os asentos de Balaídos seguen sendo azuis e brancos, e para pouco máis. E é que se ao fútbol quítaslle a paixón do afeccionado e a loita polos puntos... quédase en pouca cousa, malia que o Celta e o Boavista regaláronnos goles e máis goles.

O choque comezou mal antes do pitido inicial. E é que os dous equipos tiñan numerosas baixas. Vázquez presentou, ante a ausencia de defensas, unha alineación de circunstancias e cubriu a falta de centrais co mozo para todo: Anxo. O canario estivo acompañado por Yago, capitán onte, e seguro que un dos poucos que agradeceu que se disputase este partido.

Malia o pouco interesante que se suscitaba o choque, non hai dúbida de que o encontro tivo movemento, sobre todo no marcador. Nené aproveitou un rexeite de de o meta William a un disparo de Jonathan para adiantar ao Celta. O tanto espabiló aos lusos, máis metidos no partido, e Tambussi e Zairi déronlle a volta ao encontro en cinco minutos. Durou pouco a alegría visitante, xa que só dous minutos despois, unha parede entre Perera e Jonathan Aspas acabou en penalti. Os xogadores do Boavista, enfadados, protestaron antes e despois de que Nené fixese o seu segundo gol.

Máis despistes.

A segunda metade empezou tamén con goles. Aos sete minutos Fary aproveitou un novo erro defensivo e marcou solito ante Esteban. Pero o árbitro, que acababa de expulsar a Vázquez, sinalou un novo penalti a favor do Celta. Fallou Perera, pero o colegiado mandouno repetir e esta vez o extremeño non erró. O enfado luso foi en aumento.

Co encontro empatado chegou o mellor da noite. Jonathan regalounos un gol de libre directo desde máis aló dos vinte metros que contou ademais coa colaboración do porteiro William. Un gol que serviu para que o Celta quedásese co Cidade de Vigo e non nos fixese pasar o suplicio dos penaltis.

Vázquez fixo debutar a Yahvé e aos xuvenís Mouriño e P.Lede

En vista de que ao final só tiña catorce xogadores do primeiro persoal dispoñibles para disputar este amistoso, o adestrador do Celta, Fernando Vázquez, tivo que botar man da canteira para completar a convocatoria. Dado que o filial xoga esta tarde un partido importante contra o Pontevedra, o de Castrofeito só puido citar a Yahvé, centrocampista que se atopa sancionado e non pode xogar co B. Por iso tamén chamou aos xuvenís do equipo de División de Honor Adrián Mouriño e Pablo Lede, que non xogan ata mañá. Ningún dos tres canteranos saíu no once titular aínda que si que tiveron os seus primeiros minutos co primeiro equipo do Celta na segunda parte.

as.com

[...]
Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 20:15
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 05 de Outubro de 2006

Imagen


Aproveitando os nosos compromisos europeos imos analizar os seus estadios como modelo a seguir para o noso fututo Balaídos, se que algún día se fai ...



Aquí tedes o do Newcastle, o St James´ Park, un estadio feito orixinalmente en 1880 pero reformado hai uns poucos anos. Ten unha capacid [...]


Ler máis ...
Publicado por Kikinho_GZ @ 2:44  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar
Mércoles, 04 de Outubro de 2006
O fútbol é así e non sempre gaña o mellor xogo fai senón o equipo que é máis efectivo e nesta ocasión a efectividade a tivo o equipo madrileño Carnicer Torrejón ante un Celta que estivo horrible na primeira parte pero que reaccionou na segunda e foi moi superior e ata estivo a piques de darlle a volta ao marcador e levarse os tres puntos.

Lede a crónica dentro do artigo.
[...]
Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 1:55  | Celta FS
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 03 de Outubro de 2006
O resultado do sorteo da UEFA celebrado fai uns minutos deparounos un grupo moi dificil no que os nosos terán que dalo millor de si se queren seguir adiante no torneo que tantas e tantas ledicias deunos. Imos tentar analizar os catro equipos rivais:


Newcastle United:
É un equipo moi complicado. O feito de xogar na potente Premier League xa o fai un rival incomodo, pero se analizase a plantilla xogador por xogador vese o alto nivel que posúen as suas ringleiras. Aquí xogan o ex-madridista Michael Owen (o antecendente de enfrontarnos ó excelente xogador británico é magnífico xa que el xogaba no Liverpool que eliminamos na primeira UEFA) a fíchaxe estrela Martins, o ex-deportivista Albert Luque, Emre, Solano, Duff ou os emerxentes, Ameobi ou Scott Parker.
O mellor: O seu ataque
O peor: Coma nós non están a pasar por un bo momento na liga xa que ocupan a decimoterceira posición na liga. A defensa tamén deixa que desexar.


Palermo:
Outro rival moi difícil pra os nosos. A priori por plantilla é un equipo menos coñecido co Newcastle pero a realidade o sitúa de colider no todopoderoso Calcio italiano empatado a puntos coa Roma. Era o "coco" do terceiro bombo. Os seus xogadores máis destacados son o campión do mundo Zacchardo, Tedesco, Corini, Diana, Bresciano, Simplicio, Amaurio ou o perigosísimo Di Michele.



O mellor: O momento de forma e a confianza con que afrontarán os partidos.
O peor: Poden acusalo chamado mal de altura xa que apenas posúen experiencia en partidos importantes. É a primeira vez que participan na UEFA.



Fenerbahçe:
O equipo turco é un rival incomodo. Quizáis non tanto coma os dous anteriores pero sin duda que pode causar moitos atrancos ós nosos. No seu campo son temibles (esperemos que o ordenador nos favoreza e xoguemos fronte a eles na casa) polo extraordinario ambiente que se vive nas bancadas; fóra son bastante máis brandos. Na súa liga marchan segundos a catro puntos do Manisaspor. Contan con homes como o ex-colchoneiro Kezman (fichaxe estrela desta temporada), o ganés ex-juventino Appiah, o central urugaio Lugano, o mediapunta internacional brasileiro Alex ou o ex-azulgrana Rustü.

O mellor: A súa fortaleza na casa, na que é moi difícil gañar e máis en competición europea.
O peor: É unha escadra endeble sicolóxicamente se non xoga na casa e ten algun problema na defensa.



Eintracht Frankfurt:
O conxunto alemán tampouco é un rival fácil. Coma bo alemán loitará como o que máis para lograla clasificación. Era o rival a evitar no quinto bombo xunto co Tottenham. Marcha na metade da táboa da Bundesliga na novena posición con 8 puntos. Posúe xogadores da calidade Weissenberger, o grego Amanatidis, o xaponés Takahara ou español Francisco Copado.


O mellor: É un equipo aguerrido qyue xoga moi xunto e coma bo alemán non deixará o partido ata que o partido non remate.
O peor: Non ten un equipo de moita calidade técnica. O seu ataque é moi previsible.



Última hora: As datas dos partidos xa están confirmadas.
Descanso na primeira xornada o 19 de outubro
Celta - Eintracht Frankfurt o 2 de novembro
Newcastle - Celta o 23 de novembro
Celta - Fenerbahçe o 30 de novembro
Palermo - Celta o 13 de decembro
[...]
Ler máis ...
Publicado por Kikinho_GZ @ 13:45  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen


O Celta foi encadrado no GRUPO H, onde se medirá ao Newcastle, Fenerbahçe, Palermo e Eintacht de Franckfurt.
Os vigueses non tiveron moita fortuna ao quedar encadrados no grupo da morte desta liguiña da UEFA.


A continuación aportamos algúns datos sobre os nosos rivais:
[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:45  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar

O CELTA NO GRUPO H, CO NEWCASTLE, PALERMO,FENERBAHÇE e EINTRACHT
O GRUPO DA MORTE



GRUPO H:
Newcastle
CELTA
Palermo
Fenerbache
Eintracht


GRUPO A:
Auxerre
Rangers
Partizan
Livorno
M.Haifa
GRUPO B;
Leverkusen
Brujas
Besiktas
Dinamo Bucarest
Tothemham
GRUPO C;
Sevilla
AZ
Liberec
Grasshoppers
Braga
GRUPO D:
Parma
Lens
Heerenveen
Osasuna
Odense
GRUPO E:
Feyenord
Basel
Wisla
Blackburn Rovers
Nancy
GRUPO F:
Ajax
Sparta
Espanyol
Austria
Zulte Waregem

GRUPO G:
Panathinaikos
PSG
Rapido Bucarest
H. Tel - Aviv
Mladá Boleslav

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:13  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen


A Federación de Peñas quere denunciar o trato recibido no estadio de El Sardinero debido ó estado en que se atopaba a grada e as localidades reservadas anticipadamente para asisitir ó encontro Racing-Celta da pasada xornada.

No campo intentouse contactar con algún membro do RC Celta para que vira en que condicións estaba a bancada e que lle fixera chegar ós responsables do Racing o malestar dos afeccionados celtistas, pero foi imposible. Membros de seguridade do estadio dixeron ós afeccionados celtistas que todas as localidades estaban limpas agás ás da bancada onde se ubicou á expedición celeste. Nesta semana a FdP manterá unha reunión co RC Celta onde se lle dará cumprida información do trato que os afeccionados desprazados ata Santander recibiron.
[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 11:54  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
A partir das 12h celebraráse en Nyon o sorteo para a liguiña da Copa da Uefa. En TodoCelta estaremos moi atentos ao resultado do mesmo e daremos cumprida información e en directo sobre os rivais do Celta.
Podédelo seguir en directo en EuroSport.
[...]
Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 11:32  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 02 de Outubro de 2006

Imagen


O Celta arrincou un punto de Santander grazas a que Cristián Álvarez fallou un penalti no último minuto do tempo engadido. O equipo vigués recaeu en Santander dos seus males nesta tempada. Ten o partido onde quere, non o mata e págao coa súa falta de consistencia en defensa e de definición nas xogadas de ataque.

Levando o peso do encontro, nada máis empezar, atopouse cunha opción clara para adiantarse no marcador. Unha excelente xogada de Baiano iníciase cun taconazo en parede para Canobbio. O brasileiro recibiu e enfilou ao meta rival pero o seu disparo foise ao pau. Aí os celestes empezaron a verse tocados por ese halo de desasosego que lles entra en cada oportunidade desperdiciada.

Aos poucos déronse conta de que o contrario non ía levar o mando nunca e que llo ía a xogar todo ás accións de contragolpe e a balón parado. Precisamente neste punto é onde os celestes están sendo moi vulnerables. Un córner atopou a cabeza do gigantón Zigic que se xogou a cara para marcar ante a oposición de Tamas. O romanés entrara no once por Lequi para tapar ao serbio pero fallou no seu cometido.

A partir de aquí, as sensacións que este equipo transmite desde fai moito tempo é que non é capaz de remontar un marcador adverso. Practicamente foise do partido na primeira parte e o mellor que puido pasarlles en chegar ao descanso con só un tanto de desvantaxe. Fernando Vázquez presenciou desde o palco, por iniciativa propia, a primeira metade. As súas apreciacións podían servir de revulsivo cando o seu equipo estaba instalado en postos de descenso.

Para sacar da lameira ao seu técnico apareceu un dos seus xogadores fetiche: Iriney. O brasileiro marcou o seu primeiro gol como celeste no mellor momento posible. Levou aos seus compañeiros a sentirse outra vez en contacto coa realidade, é dicir, moi superiores ao contrario. O público, en lugar de axudar aos seus, asubiáballes o seu atolondramiento.

Canobbio e Nené puideron selar a remontada cos cántabros máis perdidos sobre o campo que na illa da serie televisiva. A historia do Celta deste ano podía repetirse. Vázquez realizou os tres cambios nos últimos oito minutos tratando de matar o partido. Estivo a piques de irse ao traste, a pesar dos berros de «Dimisión» no chanzo dirixidos ao técnico local, Miguel Ángel Portugal. Zigic cun remate de cabeza e provocando un discutido penalti de Gustavo López deulle aos seus a opción de gañar. Cristián Álvarez errou lanzando ao poste. Un especialista que no seu día achandou o camiño celeste cara a Segunda, esta vez tivo unha avaría. Os abrazos dos célticos denotaban alivio.


Multimedia Resumo.do partido





[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 10:08  | Liga
Comentarios (0)  | Enviar