Desastroso encontro o protagonizado onte polo RC Celta ante un Sevilla, que exerceu de vixente campión da UEFA e meteu, literalmente, un repaso aos vigueses.
A pesar de adiantarse pronto no marcador grazas a un tanto de Nené, o Celta nunca estivo enchufado ao encontro. Canobbio (que se adicou a botar a siesta durante todo o partido) fallou unha clara ocasión que poderia ter sentenciado o encontro.
O Sevilla soubo refacerse despois do gol e foi gañando terreo aos célticos.
Poulsen foi o encargado de conseguir o empate para os sevillistas. Gran parte de culpa dese gol foi de Navas, que cuaxou onte un excelente partido, rompendo a un Placente apático e que foi substituido no descanso por Jonathan.
Xa na segunda metade, o Celta semellaba un pouco máis enchufado ao encontro, pero onte non era a nosa tarde.
Unha gran pifia de Nuñez en defensa regalou o segundo gol para os sevillistas, que xa avisaran anteriormente cun balón ao longueiro. Adriano non perdoou.
De todos xeitos, a pesar do baño sevillista, o Celta tivo a ocasión de empatar cun penalti no minuto 88 que errou Baiano, e que Contreras non soubo materializar no rexeite.
En definitiva, partido para esquecer o de onte e que puido ser peor xa que o Sevilla tivo ocasións para golear.
Ningún equipo pegou tal meneo ao Celta en Balaídos dende que ascendimos.
Ogalla o xoves sexa outra historia.
NOTA:TodoCelta.com non pode ofrecer hoxe o resumo do encontro. Intentaremos buscar solución ao longo da tarde.
| .:: Escribe tu comentario |