O Eintracht cae fronte ao Bayern e o Newcastle empata co pechacancelas
O rival do Celta o vindeiro xoves, o Eintracht de Francfort, perdeu por 2-0 co Bayern de Munich. Os bávaros foron moi superiores e con goles de dous ex xogadores da Liga española, Makaay e Van Bommel, sentenciaron o partido na primeira media hora de xogo. Logo Pizarro marró un penalti ante a parada acertada de Nikolov antes do descanso.
O Eintracht terminou o partido con dez xogadores pola expulsión de Kyrgyakos e isto obrigou a un esforzo maior aos seus compañeiros durante boa parte do segundo período. Os de Francfort caen á décimo terceira posición.
Tamén foi mala a imaxe do Newcastle que empatou ao Charlton, pechacancelas da Premier. Un partido sen goles, no que chegou a saír ao campo o ex deportivisita Albert Luque, evidenciou o mal momento das urracas. Seguen flirteando cos postos de descenso de categoría.
Os outros rivais do grupo do Celta xogan hoxe. O Palermo intentará defender o liderado na súa visita a Florencia para xogar ante a Fiorentina que é un dos equipos castigados con perda de puntos polo que se atopa penúltimo con menos catro puntos na táboa. O Fenerbhaçe tamén xoga hoxe ante o Manisaspor a partir das sete da tarde.
| .:: Escribe tu comentario |