Mércoles, 25 de Outubro de 2006

Imagen


Vivimos nun pais de adestradores. Dun mesmo partido pódense sacar centos de conclusións, todas diferentes, e podemos estar discutindo unha semana completa sobre esas diverxencias.

Pero se hai unha conclusión común que tódolos celestes podemos tirar destes dous últimos encontros, é que temos dous porteirazos.

De Pinto, pouco podemos dicir xa que non se teña comentado nalgunha outra ocasión.
O noso capitán gaditano, heroe do ascenso e da clasificación europea, é un andaluz con corazón celeste. Leva moitos anos aquí e ten saboreado os meles do éxito e a dor do fracaso.
Despois de pasar moitos anos á sombra doutros cancerbeiros alternando banco con algunha que outra racha de titularidade, chegoulle a súa oportunidade, a que aproveitou e de que xeito.
Aquel porteiro inseguro que provocaba un run-run en Balaídos cada vez que facía algunha saída, convertiuse nun gardamallas de reflexos felinos, paradas espectaculares e algún que outro adorno para a televisión. Todo un seguro de vida.
O seu premio chegou o ano pasado coa consecución do Trofeo Zamora, recoñecemento ben merecido. Aínda que semella que ser o porteiro menos goleado da liga, sendo do Celta ten menos meritos que xogaras no Barça ou no Madrid. Vivir para ver.

Esteban chegou a Vigo cunha xa dilatada carreira e un recoñecemento a nivel estatal. Todo apuntaba a que sería o porteiro titular do Celta no seu regreso á élite. Pero non contaba co extraordinario momento de Pinto Colorado.
Quedou relegado ao banco, para só xogar minutos residuais en partidos menores ou para suplir a Pinto. Todos nos lembramos dese partido fronte ao Depor.
Como calquer xogador de elite, Esteban manifestou a súa inconformidade coa súa situación e avogou por buscar unha solución.
Finalmente ficou en Vigo
, e neste mes ten por diante a oportunidade de dar un puñetazo na mesa e reivindicarse como porteiro en Vigo. Os partidos de UEFA e Copa deste mes semellan unha oportunidade de ouro para sumar minutos e demostrar ao público o gran cancerbeiro que é. De momento, así o fixo en Vitoria.


Publicado por Karlinhos @ 12:37  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios