Martes, 24 de Outubro de 2006
O vindeiro partido do Celta será no campo de Mendizorroza fronte o Deportivo Alavés.
O noso rival ven de gañar na casa ó Castellón por dous a cero nun bo partido. O primeiro tanto foi obra do australiano John Aloisi no minuto 50 e o segundo, dun dos ex-xogadores do Celta, Toni Moral no minuto 92. O equipo vasco sitúase na zona nobre da clasificación, na sétima posición con 15 puntos, a só un do ascenso.
Os celtiñas vanse atopar cun equipo perigoso, feito pra o ascenso, no que milita algún que outro vello coñecido como o "famoso" Toni Moral, Jandro ou efémero Bartolomeu Ogbeche.

Destacan outros xogadores na plantilla vitoriana como o veterano arxentino Astudillo, o defensa tamén arxentino Pablo Brandán, Carpintero, o dianteiro Rubén Navarro ou o xa citado anteriormente, John Aloisi. O adestrador segue a ser o infame Chuchi Cos, que segue a por a cara e o carnet de adestrador pra que o impresentable de Dmitry Piterman siga a facer as alineacións. O Celta non debería ter problemas ante o conxunto alavesista se plantexa un partido serio en defensa xunto cos ramalazos habituais de calidade que posúe a xente de arriba. O Celta contará coas baixas de Placente, o malogrado George Lucas, G.López e Daniel de Ridder. Pola parte do Alavés conta coas baixas por lesión de Jandro, Carreras, Edu Alonso, Carpintero e Wesley e de Gaspar por sanción.

Non están confirmadas as alineacións pero homes coma Esteban, P.García, Guayre, Jonhy ou Tamas teñen todalas papeletas pra xogar mañá.

Publicado por Kikinho_GZ @ 0:54  | Copa do Rei
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios