Luns, 23 de Outubro de 2006
O arxentino Diego Placente non poderá xogar o encontro copeiro que medirá mañá ao Celta co Alavés e é sería dúbida para o choque do próximo domingo co Sevilla, por mor da escordadura que padece no nocello esquerdo.
O lateral esquerdo, que tivo que retirarse aos oitenta e cinco minutos do encontro que enfrontou onte ao Celta co Athletic de Bilbao en San Mamés ( 0-1), non puido exercitarse hoxe por este motivo xunto co resto dos seus compañeiros.

Placente, de 29 anos, traballou baixo a supervisión dos fisioterapeutas do cadro vigués no ximnasio das instalacións de Lezama, lugar habitual dos adestramentos do Athletic de Bilbao, onde se exercitou hoxe o conxunto galego.

A baixa do internacional albiceleste obrigará con case toda seguridade ao canario Ángel López, habitual lateral dereito, a actuar no carril zurdo mañá ante o Alavés en Mendizorroza, nun choque no que Fernando Vázquez aliñará un once infestado de novidades.

Publicado por Karlinhos @ 22:35  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios