Celtarrismo descóbrenos hoxe unha imaxe acontecida o pasado sábado en Riazor, cando Arizmendi volvia facer gala do seu rancio pensamento na celebración do gol.
"O dianteiro do Coruña Arizmendi, ideolóxicamente da mesma corda que o descerebrado Salva Ballesta, celebrou o gol que anotou esta mesma xornada ante o Atlético de Madrid erguendo o seu brazo dereito ó modo fascista, lembrándonos ó impresentable de Di Canio, que tanta polémica ten suscitado en Italia por realizar acenos semellantes nas celebracións dalgúns dos seus goles. O dianteiro, que xa nalgunha ocasión exhibira a súa ideoloxía fascistoide sacando por exemplo a bandeira española co polo, sorprendeunos no encontro deste sábado sacando a súa zarpa a pasear con toda tranquilidade, e diante dun grupo que agora dí ser antifascista pero que semella que como este tipo mete goles para o seu equipo, se lle perdoa. En fín, cousas de ultras. Sei doutros que tamén van de super ultras antifas e que logo tamén aplauden e corean o nome de Salva por ser ex-xogador do seu equipo. Son dúas probas máis de que no estado español, as palabras ultra e antifascista non casan moito que digamos. É por iso que Celtarras nunca se considerará un grupo ultra, e sempre seremos antifascistas. Non sabemos se acadariamos botar do Celta a un facha déstes, pero o que sí está claro, é que na nosa cidade non o ía pasar todo o ben que quixera."