SEMIFINAIS COPA XUNTA. 20.30h Balaídos
Chegan as semifinais desta primeira e desastrosa Copa Xunta.
Despois da polémica sobre o lugar de celebración do encontro, nun principio ía ser en Ferrol, chegan a semifinal e maila final a Balaídos.
O encontro de hoxe pódese considerar como "unha molestia" para os nosos, inmersos xa no importante partido que lles vai enfrontar ao Valencia este fin de semana.
Vazquez, que convocou aos mancados, non correra riscos, aínda que sí prometeu tomarse o partido coa maior seriedade posíbel.
Quizáis hoxe vexamos o debut de Guayre.
O clube non agarda unha gran entrada, e de feito só abrirá as bancadas de Tribuna e Preferencia. Os aboados tanto do Celta como do Ferrol teñen libre acceso ao partido. Ogallá superemos os 4000 espectadores do Cidade De Vigo.
| .:: Escribe tu comentario |