Mércoles, 11 de Outubro de 2006
O RC Celta de Vigo celebrou onte a súa asemblea anual de accionistas, a primeira da era Mouriño, que se convertiu nun paseo para o novo presidente e o seu consello.

Poucas propostas, os datos xustos, pero moitas loubanzas para os primeiros meses de xestión desta directiva.

Finalmente aprobouse un orzamento de un 30 - 35 millóns de euros, que variaran dependendo dos obxectivos acadados na copa da UEFA.
A 30 de Xuño, data na que se auditaron as contas, o orzamento elevaríase ata os 25 millóns de euros, cifra á que habería que sumar as primas aos xogadores, os cartos chegados dende Europa, e a posibilidade de reforzar o plantel no mercado de inverno.

Record de altas.

O Celta informou onte, que no que levamos de temporada, rexistráronse 3.386 novos socios, o que representa para o director xeral Martinez Cobas, todo un éxito da campaña de socios levada a cabo por esta directiva e un record de novas altas na historia do clube.

Aínda non se deron datos definitivos sobre a masa social do clube, xa que restan por contabilizar os carnets non renovados ademáis de estar a espera de rematar a campaña telefónica para captar e manter aboados.


Horacio, presidente de Honra.

Como se de Di Stefano se tratara, Horacio Gómez pode convertírse en presidente de Honra do RC Celta, por considerarse, como o mellor presidente da historia do clube.
Esta moción, levada por sorpresa a asemblea, obtivo o respaldo do accionariado, aínda que queda por confirmar, xa que non estaba incluida na orde do día.


Publicado por Karlinhos @ 12:46  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios