Sábado, 07 de Outubro de 2006
Partidos como os de onte deberían desaparecer do calendario futbolístico en plena competición. E é que o Cidade de Vigo serviu para confirmar, ante a ausencia de público, que si, que os asentos de Balaídos seguen sendo azuis e brancos, e para pouco máis. E é que se ao fútbol quítaslle a paixón do afeccionado e a loita polos puntos... quédase en pouca cousa, malia que o Celta e o Boavista regaláronnos goles e máis goles.

O choque comezou mal antes do pitido inicial. E é que os dous equipos tiñan numerosas baixas. Vázquez presentou, ante a ausencia de defensas, unha alineación de circunstancias e cubriu a falta de centrais co mozo para todo: Anxo. O canario estivo acompañado por Yago, capitán onte, e seguro que un dos poucos que agradeceu que se disputase este partido.

Malia o pouco interesante que se suscitaba o choque, non hai dúbida de que o encontro tivo movemento, sobre todo no marcador. Nené aproveitou un rexeite de de o meta William a un disparo de Jonathan para adiantar ao Celta. O tanto espabiló aos lusos, máis metidos no partido, e Tambussi e Zairi déronlle a volta ao encontro en cinco minutos. Durou pouco a alegría visitante, xa que só dous minutos despois, unha parede entre Perera e Jonathan Aspas acabou en penalti. Os xogadores do Boavista, enfadados, protestaron antes e despois de que Nené fixese o seu segundo gol.

Máis despistes.

A segunda metade empezou tamén con goles. Aos sete minutos Fary aproveitou un novo erro defensivo e marcou solito ante Esteban. Pero o árbitro, que acababa de expulsar a Vázquez, sinalou un novo penalti a favor do Celta. Fallou Perera, pero o colegiado mandouno repetir e esta vez o extremeño non erró. O enfado luso foi en aumento.

Co encontro empatado chegou o mellor da noite. Jonathan regalounos un gol de libre directo desde máis aló dos vinte metros que contou ademais coa colaboración do porteiro William. Un gol que serviu para que o Celta quedásese co Cidade de Vigo e non nos fixese pasar o suplicio dos penaltis.

Vázquez fixo debutar a Yahvé e aos xuvenís Mouriño e P.Lede

En vista de que ao final só tiña catorce xogadores do primeiro persoal dispoñibles para disputar este amistoso, o adestrador do Celta, Fernando Vázquez, tivo que botar man da canteira para completar a convocatoria. Dado que o filial xoga esta tarde un partido importante contra o Pontevedra, o de Castrofeito só puido citar a Yahvé, centrocampista que se atopa sancionado e non pode xogar co B. Por iso tamén chamou aos xuvenís do equipo de División de Honor Adrián Mouriño e Pablo Lede, que non xogan ata mañá. Ningún dos tres canteranos saíu no once titular aínda que si que tiveron os seus primeiros minutos co primeiro equipo do Celta na segunda parte.

as.com


Publicado por Karlinhos @ 20:15
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios