Aproveitando os nosos compromisos europeos imos analizar os seus estadios como modelo a seguir para o noso fututo Balaídos, se que algún día se fai ...
Aquí tedes o do Newcastle, o St James´ Park, un estadio feito orixinalmente en 1880 pero reformado hai uns poucos anos. Ten unha capacidade de 52200 espectadores e é unha auténtica marabilla arquitectónica. A destacar a súa pendente case vertical, o que da a sensación de que a grada elévase coma un muro.





O estadio do
Palermo, o
Renzo Barbera, está caracterizado por situarse á beira dunhas montañas rocosas e pola simbiose coa flora da zona. O estadio fixo as súas derradeiras modificacións no ano 1990 e ten unha capacidade de 37000 espectadores.




O estadio do
Fenerbahçe é o
Sükrü Saracoglu Stadi. Este é un estadio completamente pechado. Son unhas instalacións moi modernas. As gradas están moi preto do terreo de xogo, o que axuda en gran medida a que se acade o gran ambente que adoita atinxir, un dos máis quentes do mundo sen dúbida.




O Eintracht
Frankfurt ten como estadio o
Waldstadion, que é un estadio impresionante que albergou este verán varios enfrontamentos do mundial disputado en Alemania. Ten unhas capacidade de 52000 persoas e foi inaugurado pra a copa confederacións do 2005, que gañou a selección brasileira. A súa complexidade técnica é moi elevada xa que posúe a capacidade de pecharse completamente sen que os elementos externos poidan influír no desenvolvemento do xogo. Persoalmente é un dos meus estadios favoritos.





