O fútbol é así e non sempre gaña o mellor xogo fai senón o equipo que é máis efectivo e nesta ocasión a efectividade a tivo o equipo madrileño Carnicer Torrejón ante un Celta que estivo horrible na primeira parte pero que reaccionou na segunda e foi moi superior e ata estivo a piques de darlle a volta ao marcador e levarse os tres puntos.
Lede a crónica dentro do artigo.
A primeira ocasión do partido chegou aos 30 segundos e viño dun renovado quinteto polo que apostou Gustavo Montero. Foi David o que en dúas ocasións tivo a ocasión de bater a Jesús. Os primeiros minutos o Cleta se ebncontró moi a gusto e saía moi ben á contra ante un esvaecido Carnicer polo que se notaba que aínda pesaba o resultado conseguido a semana pasada.
Cando mellor estaba xogando o Celta chegou un disparo de Leitao, que non aparentaba ser demasiado perigoso pero que se coou entre as mans de Edu.
A raíz do gol o Carnicer veuse arriba e era o equipo madrileño o que creaba as mellores ocasións ante un Celta ao que lle custaba hilar algunha xogada de perigo. A defensa era boa pero non chegaba con iso. O equipo vigués ía por detrás no marcador e non se lle vía a soltura doutros partidos para remontar os resultados adversos.
Unha vez máis cando estaban chegando as mellores ocasións por parte da escuadra viguesa, chegou o segundo nun erro defensivo da zaga celeste e nada puido facer Edu para deter o disparo cruzado de Leitao. Goles que chegaron os dous en xogadas illadas porque realmente o partido non estaba sendo bo para ningún dos dous equipos.
Parece que o descanso veulle ben ao Celta que saíu moi concentrado na segunda metade e que nos primeiros minutos non parou de asediar a portería dun acertado Jesús, que detivo todos os lanzamentos da escuadra celeste, que non foron poucos, pero sen sorte.
A falta de 5 minutos e ante a impotencia de chegar e chegar pero sen sorte Gustavo Montero optou polo cinco para catro con Leandro no campo como porteiro xogador. E como non podía ser doutro xeito chegou o gol, nunha xogada de equipo logo de moito mover a pelota e atopando en oco, o luso brasileiro Daniel desde unha esquina foi o encargado de recortar distancias no marcador.
Esta vez o cinco para catro si foi efectivo porque o empate chegou tan só un minuto máis tarde, esta vez por parte de Chelito que recibiu só dentro do área rival e de media vaselina bateu ao porteiro cun golazo.
O último minuto foi unha auténtica tolemia cos dous equipos envorcados ao contraataque pero sen resultado para ningún dos dous. Ao final un punto para cada un e o Celta que non fixo o seu mellor partido suma nunha cancha complicada e acaba con esa racha de dous partidos sen coñecer a vitoria.