Martes, 03 de Outubro de 2006
O resultado do sorteo da UEFA celebrado fai uns minutos deparounos un grupo moi dificil no que os nosos terán que dalo millor de si se queren seguir adiante no torneo que tantas e tantas ledicias deunos. Imos tentar analizar os catro equipos rivais:


Newcastle United:
É un equipo moi complicado. O feito de xogar na potente Premier League xa o fai un rival incomodo, pero se analizase a plantilla xogador por xogador vese o alto nivel que posúen as suas ringleiras. Aquí xogan o ex-madridista Michael Owen (o antecendente de enfrontarnos ó excelente xogador británico é magnífico xa que el xogaba no Liverpool que eliminamos na primeira UEFA) a fíchaxe estrela Martins, o ex-deportivista Albert Luque, Emre, Solano, Duff ou os emerxentes, Ameobi ou Scott Parker.
O mellor: O seu ataque
O peor: Coma nós non están a pasar por un bo momento na liga xa que ocupan a decimoterceira posición na liga. A defensa tamén deixa que desexar.


Palermo:
Outro rival moi difícil pra os nosos. A priori por plantilla é un equipo menos coñecido co Newcastle pero a realidade o sitúa de colider no todopoderoso Calcio italiano empatado a puntos coa Roma. Era o "coco" do terceiro bombo. Os seus xogadores máis destacados son o campión do mundo Zacchardo, Tedesco, Corini, Diana, Bresciano, Simplicio, Amaurio ou o perigosísimo Di Michele.



O mellor: O momento de forma e a confianza con que afrontarán os partidos.
O peor: Poden acusalo chamado mal de altura xa que apenas posúen experiencia en partidos importantes. É a primeira vez que participan na UEFA.



Fenerbahçe:
O equipo turco é un rival incomodo. Quizáis non tanto coma os dous anteriores pero sin duda que pode causar moitos atrancos ós nosos. No seu campo son temibles (esperemos que o ordenador nos favoreza e xoguemos fronte a eles na casa) polo extraordinario ambiente que se vive nas bancadas; fóra son bastante máis brandos. Na súa liga marchan segundos a catro puntos do Manisaspor. Contan con homes como o ex-colchoneiro Kezman (fichaxe estrela desta temporada), o ganés ex-juventino Appiah, o central urugaio Lugano, o mediapunta internacional brasileiro Alex ou o ex-azulgrana Rustü.

O mellor: A súa fortaleza na casa, na que é moi difícil gañar e máis en competición europea.
O peor: É unha escadra endeble sicolóxicamente se non xoga na casa e ten algun problema na defensa.



Eintracht Frankfurt:
O conxunto alemán tampouco é un rival fácil. Coma bo alemán loitará como o que máis para lograla clasificación. Era o rival a evitar no quinto bombo xunto co Tottenham. Marcha na metade da táboa da Bundesliga na novena posición con 8 puntos. Posúe xogadores da calidade Weissenberger, o grego Amanatidis, o xaponés Takahara ou español Francisco Copado.


O mellor: É un equipo aguerrido qyue xoga moi xunto e coma bo alemán non deixará o partido ata que o partido non remate.
O peor: Non ten un equipo de moita calidade técnica. O seu ataque é moi previsible.



Última hora: As datas dos partidos xa están confirmadas.
Descanso na primeira xornada o 19 de outubro
Celta - Eintracht Frankfurt o 2 de novembro
Newcastle - Celta o 23 de novembro
Celta - Fenerbahçe o 30 de novembro
Palermo - Celta o 13 de decembro

Publicado por Desconocido @ 13:45  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios