
A Federación de Peñas quere denunciar o trato recibido no estadio de El Sardinero debido ó estado en que se atopaba a grada e as localidades reservadas anticipadamente para asisitir ó encontro Racing-Celta da pasada xornada.
No campo intentouse contactar con algún membro do RC Celta para que vira en que condicións estaba a bancada e que lle fixera chegar ós responsables do Racing o malestar dos afeccionados celtistas, pero foi imposible. Membros de seguridade do estadio dixeron ós afeccionados celtistas que todas as localidades estaban limpas agás ás da bancada onde se ubicou á expedición celeste. Nesta semana a FdP manterá unha reunión co RC Celta onde se lle dará cumprida información do trato que os afeccionados desprazados ata Santander recibiron.
| .:: Escribe tu comentario |