Blog Celtarrismo
Como era previsto, o Standard atopábase cómodo defendéndose e buscando o xogo de contraataque. E puido saírlle ben a táctica ao conxunto de Liexa, pois o croata Milan Rapaic tivo nos primeiros minutos dúas boas ocasións para poñer en vantaxe ao seu equipo.
Cortesía de Celestes.org
O Celta hoxe intentará recuperar folgos na transcendental visita do Standard de Liexa a Balaídos.
Os celestes que veñen de colleitar a súa segunda derrota en tres partidos de Liga e deixando síntomas de preocupación no seu xogo, enfrontaránse hoxe a un Liexa que semella renovado dende a chegada de Preud'Homme.
De tódolos xeitos, o Celta é o claro favorito para clasificarse para a liguiña por mor do resultado acadado en terras belgas, aínda que ese 0-1 se pode convertir nun marcador traizoeiro. Si o Celta sae desenchufado esta noite, nun Balaídos semi baleiro, pode complicarse moito o partido e a eliminatoria.
A alineación que pode sacar hoxe Fernando Vázquez é unha incognita. Polo observado no último adestramento de seguro haberá trocos no once inicial. O de castrofeito podería sacar un equipo coma este: Esteban, Lequi, Tamas, Contreras, Oubiña, Iriney, Jonathan, Nuñez, Jorge, Perera e Baiano, ademáis do canteiran Jonathan Vila que ten posibilidades de entrar no equipo.
A transcendencia do partido é moi importante, e así o fixo saber onte o adestrador
"Unha derrota sería difícil de asimilar", proclamou onte Vázquez, quen espera que ambos conxuntos susciten un partido aberto, porque o seu equipo, como o rival, tamén sairá "a gañar", malia que un empate valeríalle para alcanzar a
liguilla da Copa da UEFA.
Pola súa banda o adestrador belga non se fía dos malos resultados dos vigueses, aos que considera como favoritos.
Tampouco se cre que os vigueses entren en crise polos malos resultados ligueros, xa que para o técnico do Standard os célticos só fracasaron ante Osasuna. "Fálase moi rápido de crise no fútbol", proclamou, antes de sinalar que o seu conxunto deberá alcanzar "o seu mellor nivel" de xogo para saír airoso desta eliminatoria, "e que o Celta non o faga" tan ben como en terras belgas.
OPINA DO PARTIDO NO FORO
[...]
A UEFA, competición favorita do celtismo na época recente, regresa a Balaídos pero sen espertar entusiasmo. O estadio despediuse de Europa cunha gran entrada ante o Arsenal; do torneo menor, con outra boa entrada ante o Celtic de Glasgow. Pero o regreso farase en familia a menos que os afeccionados abaláncense hoxe sobre as taquillas.
Fernando Baiano foi un dos protagonistas ao remate do encontro fronte ao Osasuna. Segundo testemuñas presenzais, Baiano foi increpado por un grupo de siareiros que o agardaban á saída do estadio.
Hai poucas semanas, o xogador brasileiro do Celta, declarou non sentirse apoiado por parte da bancada. O "amor" profesado polos afeccionados a Perera parecía molestar ao pichichi do equipo.
O dianteiro é un tipo de xogador que non acaba de gustar ao afeccionado céltico. Ten unha boa capacidade goleadora, é potente, traballa non só na punta, pero ás veces peca de lentitude.
O esquema proposto polo adestrador tampouco parece non ser moi beneficioso para o dianteiro.
Está excesivamente só en ataque e o Celta, equipo ao que lle gusta sobar a pelota en demasia, non lle ofrece moitos balóns aos que rematar.
Certo é que as críticas a Baiano chegaron dende o seu primeiro encontro en Balaídos. Todos coñecemos a certo sector do aboado vigués, crítico con todo, que aos 10 minutos do seu primeiro encontro xa o tildaban de "Catanha".
Nada ten que ver o bo de Fernando coa fichaxe máis cara da historia do Celta.
O domingo pasado Baiano non estivo ben, pero o Celta tampouco. Semella inxusto que na xornada cuarta de campionato, siareiros do Celta agarden aos xogadores para increpalos e lembrarse das súas nais, tal como se se tratase de Antic despois da deserción.
O debate está servido. Baiano non está no seu mellor momento, pero é un xogador case imprescindíbel para o adestrador e para o seu sistema. Mentres Perera pide paso, e Balaídos o apoia.
¿Vos que pensades?. O debate segue no foro.
[...]
Vazquez rendiuse á evidenza e recoñeceu o mal partido de onte, a lentitude e pesadez dos xogadores.
O adestrador de Osasuna felicitouse polo resultado acadado onte en Balaídos.
Placente tamén se amosou crítico co xogo do equipo á saída do estadio.

Lamentábel encontro o que presenciamos hoxe os apenas 12.000 espectadores que nos demos cita en Balaídos.
O Celta protagonizou hoxe un dos partidos máis tristes dos que se lembran nun pasado cercano, caendo víctima dun Osasuna rácano e peloteiro que aproveitou as súas oportunidades e toma aire na clasificación.
Os celestes semella deron o partido por partido antes incluso de que os navarros se adiantaron. Unha actitude pasiva digna da última temporada de Lotina.
O Celta comezou o encontro repetindo o equipo de Montjuic. Dende os primeiros compases entregou o balón a un Osasuna que tampouco se demostrou especialmente incisivo.
O perigo, como non, chegaba pola banda dereita, propiedade de D.Gustavo López, aínda que no día de hoxe, con máis vontade que cabeza. Dos seus pés sairon dúas ocasións que non tiveron premio.
Tampouco foi mellor o Osasuna neste inicio de partido ao que lle custou aínda máis chegar ata a porta contraria. como demostra que non fose ata pasada a media hora cando o conxunto navarro chegará por primeira vez con perigo ata a meta de Pinto.
No minuto 35, chegou o xa típico fallo defensivo que lle custaba o primeiro gol en contra aos vigueses.
A partir de aquí, o celta, coa coraxe gardada no armario, convertiuse nun protagonista secundario nesta aburrida película dirixida por Osasuna ata o final do encontro.
Comezaron os nervos, as imprecións e os fallos. Oubiña selou un horrendo encontro ao igual que Cannobio, desaparecido en case a totalidade do partido.
Saiu Perera por Iriney con media hora por diante, e aportou movilidade ao ataque vigués, aínda que sen sorte. A piques estivo , nos últimos compases do partido, de protagonizar a igualada, pero hoxe non era a nosa tarde.
Se xa tiñamos poucas esperanzas, chegou a expulsión de Ángel. O colexiado tamén quería o seu protagonismo nesta tarde nefasta. Horríbel a arbitraxe durante todo o encontro.
O Celta intentouno coas últimas embestidas á desesperada, pero só conseguiu o típico nestes casos, encaixar o segundo.
E así, entre os tímidos asubios dun Balaídos xa baleiro agás os incombustíbeis Celtarras (hoxe impresionantes) rematou este pesadelo tamén coñecido coma a cuarta xornada de Liga.
Seguimos con 3 puntos no casilleiro, o xoves co partido de volta da Uefa, e cun só lateral para o vindeiro domingo.
cortesía de celestes.org
BALAÍDOS.20.00h. PPV
OPINA DO PARTIDO NO FORO
[...]
Balaídos poderá gozar co seu ídolo: Gustavo López. A vida dá ás veces xiros tan bruscos como inesperados, e este é o caso do arxentino. Foi despedido aos ombreiros en maio dun estadio no que non pensaban volver verlle, onde a pasada tempada a afección coreaba o seu nome para pedir que entrase no terreo de xogo desde o banquiño. Agora converteuse nun indiscutible e se segue no momento de forma en que empezou a campaña deleitará, e moito, aos seus incondicionais.
Un Celta plagado de baixas recibe mañá (Balaídos.20.00h) a un C.A. Osasuna eliminado na previa da Champions e que ven coller folgos tras acadar os seus tres primeiros puntos na xornada pasada.
Fernando Vázquez conta cun total de 19 futbolístas (máis canteiráns) para desputar o partido de maña domingo, a volta da eliminatoria UEFA, e a visita a Santander.
A boa nova é a recuperación de Jorge, o que pode dar a opción ao técnico de facer un deses trocos de debuxo a medio partido que adoita realizar a miúdo.
As lesións de Guayre, De Ridder, e Pablo García, ademáis de G.Lucas, limitan moito o potencial dos celestes no medio do campo.
Deste xeito, recupérase a parella de pivotes da temporada pasada con Oubiña e Iriney, aínda que o rendemento deste binomio dista do nivel mostrado noutros tempos.
Arriba, o novo trío de ases zurdos do equipo (Nené,Cannobio e Gustavo) acompañarán a Baiano arriba.
Mentres os navarros, que nunca venceron nas súas dezaseis visitas a Balaídos din chegar motivados a Balaidos. Os rojillos chegán sen baixas salientábeis a Vigo.
[...]
Segundo publicaba onte Celtarrismo a directiva do Celta está a situar un novo valado no perímetro de Fondo, xusto por riba do xa existente actualmente.
Este domingo visita Balaídos Osasuna coa premisa de "gañar ou gañar". O comezo de Liga "non é preocupante, a liña é positiva", segundo declarou Vazquez onte, pero unha victoria o domingo é necesaria, tanto para escalar chanzos na clasificación como para afrontar a volta da UEFA coa tranquilidade precisa.
Fernando Vázquez analizou onte a situación do equipo.
"Non é preocupante, o equipo está a marcar unha liña positiva. O fútbol ás veces dache cousas e ás veces as quita".
As numerosas accións desperdiciadas tanto en Liexa como en Barcelona así como unha defensa un tanto máis feble que a do ano pasado privaron ao equipo de acadar sentenciar a eliminatoria e sumar tres puntos en Liga.
"Deixemos que pasen os partidos para que o fútbol vaia colocando ao Celta no sitio que lle corresponde, que creo que é máis alto do que está actualmente polo fútbol que leva despregado ata o momento", propuxo para non cargar de presión ao equipo ante as dúas citas en Vigo.
Do rival do domingo comentou que espera "a un Osasuna parecido ou similar ao do ano pasado". Os navarros nunca gañaron en Vigo nas súas dezaoito visitas.
Aínda así, Vázquez recalcou: "Necesitamos gañar ese partido".
Tampouco se mostra confiado ante o Standard: "A ver se agora imos pensar que como gañamos 1-0 xa estamos clasificados. En absoluto, Quédanos un partido moi complicado e moi difícil na nosa casa", advertiu o adestrador do Celta, que ante estes dous retos apela ao optimismo: "O equipo está ben".
[...]
Tres xornadas de Liga e segunda protesta do Bota de Ouro. Xesús Perera manifestou hoxe de novo o seu malestar por sentirse "encasillado coma revulsivo"
Por este motivo xustificou a súa intención de marcharse ao Recre este verán e non por sentirse mal en Vigo ou no Celta.
«Era xa o meu medo a tempada pasada, pero é que xa estou encasillado. Quizá lle veña ben a outra persoa que teña ese papel, pero eu non o quero e por iso quíxenme ir este verán , non porque aquí estivese a contragusto», explicou o dianteiro.
Neste sentido, Perera recoñeceu que teme que o papel de revulsivo que exerce no Celta de Vigo repercuta negativamente na concepción que se ten del como xogador.
«Son novo e non teño ganas de encasillarme xogando cinco ou dez minutos e que chegue un día en que alguén diga que este rapaz non pode xogar noventa minutos, porque só sabe xogar vinte», engadiu o pacense.
No entanto, Jesús Perera recoñeceu que a súa situación é mellor que a daqueloutros xogadores do persoal que apenas contan para o técnico Fernando Vázquez.
«Está claro que prefiro xogar dez minutos a non xogar nada. Todo é segundo como o vexas. Outro igual conformaríanse», comentou Perera, que, con todo, parece resignado coa súa situación: «Non queda outra, hai que aguantar o tirón, na vida hai cousas peores e aínda queda moito por diante».
Máis optimista mostrouse Perera coa situación clasificatoria do Celta de Vigo, undécimo clasificado, xa como insistiu é «pronto para preocuparse», aínda que como recoñeceu un bo arranque ligueiro sempre facilita as cousas. «éntrase nunha dinámica boa de resultados e ás veces ata se chega a gañar aínda que non cho merezas, como nos ocorreu nalgúns partidos a tempada pasada», afirmou o xogador celeste, que asegurou que a clave para gañar os próximos encontros pasa por unha melloría defensiva.
«A clave estará en manter a porta a cero, porque sempre temos ocasións e con iso os resultados chegarán», concluíu Perera.
Foto:Fotolog do Celta
[...]
Un dos primeiros obxectivos que se marcou Carlos Mouriño á súa chegada á presidencia do RC Celta, era recuperar a masa social perdida nos últimos anos, abaratando o prezo dos abonos e ofrecendo algunhas vantaxes e ofertas co obxecto de achegar o clube á cidade.
Así foi, os prezos dos abonos se reduciron dun xeito notábel e según publica hoxe mesmo o FARO DE VIGO, recuperáronse ao redor de 3000 socios, ata chegar á cifra oficiosa de 18.000 aboados. O reto dos 20.000 aínda queda lonxe.
O vindeiro xoves volve a competición europea a Balaídos. O Celta chega cun bo resultado colleitado en Bélxica e coa necesidade de pasar esta eliminatoria. Todo apuntaba a que Balaídos se convertise nunha festa no enfrontamento fronte ao Standard ata que o Consello de Administación decidiu recuperar o tan temido día do clube para este partido.
Parece a primeira metedura de pata do novo consello, xa que un partido previo á liguiña, cun bo resultado a favor, xoves, retransmitido pola TVG, e ainda por riba con suplementos non semella o escenario máis favorábel para ver un bo ambiente no estadio.
Certo é que os prezos non son excesivos, quitando os 12 €/adulto en Tribuna, pero quizáis esta medida debería guardarse para máis adiante e non comezar e expoliar ao socio no mes de setembro.
Eu aposto polos 12.000 espectadores, sendo optimista. A solución, o xoves en Balaídos.
[...]
Gustavo López tivo que esperar un ano para disputar un partido completo co Celta. O extremo arxentino tivo a oportunidade o domingo pasado en Montjuic de intercambiar a súa camiseta ao final do encontro cun contrario. Isto non lle ocorría desde aquel inesquecible triunfo dos celestes no Bernabéu o 10 de setembro de 2005 cando a afección merengue despediu con silbidos a Ronaldo, Zidane, Robinho e Beckham. O Celta había desenmascarado o proxecto de Florentino Pérez contando cun xogador que non pasou dos seis partidos como titular e dez saíndo desde o banquiño en toda a tempada.
[...]

Un mellor Celta non puido vencer ao Espanyol nun partido no que os vigueses, demostraron o seu mellor bo facer pero non souberon materializar as múltiples ocasións que tiveron ao longo do encontro.
O Celta cosechou hoxe a segunda derrota da temporada en Barcelona. O Espanyol de Valverde, cheo de urxencias, que aínda que se levou os tres puntos, segue sen convencer á parroquia periquita.
Os vigueses tomaron o control do partido dende o primeiro minuto dando sensación de superioridade fronte a un rival que agardaba pechado no seu campo. Foron moitas as ocasións que os celestes (hoxe de laranxa) non suiberon aproveitar. Cannobio, Baiano, Gustavo, Lequi fallaron múltiples oportunidades.
No segundo tempo, os vigueses sairon durmidos, e o Espanyol aproveitou esa siesta viguesa para inaugurar o marcador no minuto tres. Pero pouco durou a ledicia en Montjuic, xa que Cannobio, de libre directo, puxo o empate cun golazo directo á escuadra.
Pero o Celta semellaba que non queria despertar e lle volveu entregar o balón ao Espanyol que, aproveitando unha perda de Oubiña no medio do campo, puxo un balón en longo a Tamudo que acabaríase convertindo no 2-1 definitivo, marcado por Jonatas.
Os branquiazuis souberon durmir o partido, ata que ao Celta lle entraron as presas. Seguindo as tradicións, Vazquez fixo os trocos tarde, e Perera entrou no minuto 37. O pacense tivo a súa primeira oportunidade aos poucos segundos de entrar en xogo nun man a man con Kameni que finalmente saiu despexado por un defensa espanyolista. O Celta foi alternando ocasións como un claro cabezazo de Oubiña a porta baleira que marchou fora, pero en ningunha delas se puido materializar o empate.
Ao final, os dous puntos quedaron en Barcelona, e o Celta debe aprender desta derrota e recuperarse rapidamente para o partido de volta da UEFA que nos agarda esta semana en Balaídos.
OPINA DO PARTIDO NO FORO
[...]
TodoCelta.com ofrécevos unha escolla das mellores fotografías da volta do Celta a Europa.
[...]
Non podía ser doutro xeito, era unha esixenza histórica. O último resquicio dos anos dorados, o heroe local, Gustavo Adrián López foi o encargado de marcar o gol da victoria no regreso do Celta a Europa.
Curiosa a historia do arxentino, que pasou de ser o descartado por Vazquez, o seu grano no vestiario, o que lle enfrontou á bancada, a ser titular fixo, na banda dereita converténdose de novo na alma do equipo.
Segunda xuventude a que esta a vivir o arxentino. Home incombustíbel, con capacidade de liderado e comprometido cunhas cores e cunha cidade. É o arxentino máis vigués que existe, máis celtista que se nacera en Balaídos, e o que é máis importante, gran futbolísta e mellor persoa.
Futbolísta con renome, o máis mediático do equipo sen lugar a dúbidas, renunciou a un retiro dourado e a unha ficha de gran xogador, para purgarse co equipo dos seus amores na segunda división. Xunto con outros pesos pesados do vestiario, sacaron ao equipo das catacumbas onde caeran o ano anterior. E volveu. Volveu ao lugar de onde nunca debeu sair. O máxima competición, a primeira división.
Marcou no primeiro encontro do Celta en primeira. Era a súa tarefa. O noso capitán volveunos situar no noso sitio.
Pero non foi un ano dorado. Por algún motivo dificil de dislumbrar, foi relegado ao ostracismo e foi o protagonista do pulso que o adestrador mantivo coa bancada.
Balaídos tiña razón, e o técnico decatouse a tempo. O último partido de liga foi unha homenaxe en toda regra. O celtismo tiña medo de non poder volver a ver ao seu buque insignia. Gustavo regalounos un encontro digno de gravar. Coma unha grande estrela nos seus anos mozos.
Vazquez sucumbiu á realidade, e a directiva tamén. Non foi un comportamento elegante nin un trato digno, pero Gustavo segue no Celta, e de que forma.
Titular indiscutible neste comezo de liga.
É o mellor ata xogando na banda que non lle corresponde. E onte, asumiu o seu papel de capitán. Era, de novo, o seu traballo.
Volveu o Celta a Europa, volveu Gustavo López. Volvemos pola porta grande.
"Gustavo, viejo, que bueno que te quedaste". Cuervo, grazas.
SEMPRE CELTA, SEMPRE GUSTAVO.
[...]
COMO ANTANO
O Celta regresou onte á noite á competición europea facendo gala da súa experienza e agasallándonos cun partido máxico e cheo de emoción.
Dous anos despois, a Rianxeira volveu soar polo vello continente e Vigo e Galiza volveron vibrar co seu equipo en Europa.
Gustavo, Gustavito, quén se non, foi o que nos deu o triunfo. Foi o primeiro en marcar na volta á primeira división, e o primeiro en marcar na nosa volta a Europa. Non podía ser doutro xeito, a historia, o fútbol, o Celta e o celtismo así o querían. O noso pequeno deus arxentino foi o que puxo a guinda a un partido no que o Celta demostrou a súa superioridade, regalandanos media hora de fútbol directo, abasallador e sen contemplacións.
Pero non foi un partido doado. Na segunda metade, os belgas tomaron as rendas do partido e puxeron a Esteban en máis dun apuro. A piques estiveron de empatar, primeiro Conceiçao non marcou grazas a Esteban e a Tamas baixo paus, e máis tarde Areias a porta baleira. O Celta, cun pouco de fortuna, aguantou as embestidas belgas.
Despois, o Celta e a súa orde defensiva (bo debut de Tamas, Lequi coma sempre, impresionante) fixeron que a intentona desesperada de Preud'Homme, dando entrada aos dianteiros Kovalenco e Pelaic, non tivera os efectos perseguidos.
"O noso nivel foi sobrasaliente. Mágoa que non matásemos a eliminatoria"
Fernando Vázquez, encantado co rendemento do equipo
O Celta deixa medio encarrilada a eliminatoria, e pode viaxar tranquilo a Barcelona. A semana que vén, un Liexa tocado pero non afundido intentará dar a volta á eliminatoria en Balaídos. Ben seguro que os nosos nos deleitarán con outra gran noite europea, como as de antano.
OPINA DO PARTIDO NO FORO [...]
Despois dun traumático descenso, un ano no inferno, un meteórico ascenso e unha nova clasificación europea, o Celta volve á competición continental con gañas de revancha.
Aproveitando o regreso do noso equipo a Europa, vos deixo este documento dun dos millores partidos que lembra a retina de calquer celeste, un partido memorable no que o Celta tumbaba (e de que maneira) á todopoderosa Juventus de Turín. O encontro viña precedido polo 1-0 da ida no que a "Vecchia Signora" vencia cun gol de Alessandro Del Piero. A escadra turinesa chegou a Vigo cuns aires de superioriadade que se vían refrectidos nas palabras que, o actual dianteiro da Real Sociedade, Darko Kovacevic dicía na súa chegada a Vigo, cando se lle preguntaba polas posibilidades do seu equipo e o escueto 1-0 da ida: "Nos somos a Juventus". Esta soberbia caeu polo chan cando o equipo turines saltou a Balaídos e fixo puco máis que o ridículo. A Juventus de Zidane, Davids e Del Piero acabou desquiciada polo campo e perseguindo ós xogadores do Celta que fixeron un partido sobervio. Conte e Montero foron expulsados e Davids perdeu a batalla contra un todopoderoso e omnipresente descoñecido nese tempo: Claude Makelele. Un Mostovoi enorme guiou ós celestes á victoria nun partido épico.
Esperando a repetir unha xesta como esta en Europa, déixovos as aliñacións do partido:
REAL CLUB CELTA: Pinto, Celades, Cáceres, Sergio, Juanfran, Giovanella, Makelele, Karpin, Mostovoi (Revivo, min. 58), Gustavo López (Tomás, min. 78), Benni McCarthy (Mazinho, min. 81).
JUVENTUS DE TURÍN: Van der Sar, Ferrara (Tudor, min. 79), Montero, Mirkovic, Birindelli (Iuliano, min. 62), Tacchinardi, Conte, Davids, Zambrotta (Zidane, min. 62), Kovacevic, Del Piero.
ÁRBITRO: Hugh Dallas (3), auxiliado nas bandas por Eddie Foley e Jim McBride, da Asociación Escocesa. O seu arbitraxe rozou a perfección. Mostrou cartóns amarelos a Mostovoi, polo Celta; Conte, Birindelli, Davids, Kovacevic e Tachinardi. Expulsou a Conte (min. 27), por dobre amarelo, e a Montero (min. 45+), coa vermella directa, por agredir a Karpin
GOLES: 1-0. Minuto 1. Mostovoi conduce o balón, supera a marcaxe de Ferrara e deixa cara atrás, para que Makelele recolla o balón e fusile á red. 2-0 Minuto 32. Saque de curruncho de Mostovoi, Makelele toca coa cabeza e Birindelli, que non entendese con Van der Sar, mete o balón na súa propia portería. 3-0 Minuto 46. Van del Sar non logra atallar un balón hacia o que corría Benni e este, aproveitándose do erro do gardamallas, batelle por baixo. 4-0 Minuto 69. Centro de Celades, Gustavo López remata de cabeza e o rexeite de Van der Sar aproveitao Benni.
[...]
Achégase o momento. Mañá en Liexa, ás 20.30h o RC Celta de Vigo volverá a pasear a súa elástica celeste por Europa.
O Celta enfróntase aos Belgas nesta primeira rolda da copa da Uefa, co papel de favorito, aínda que plagado de lesións.
Ningún dos dous equipos chega no seu mellor momento.
O Celta, plagado de lesións,á última a de Jorge, que tamén se caeu da lista. Mentres o Lieja chega en pleno proceso de renovación despois de que fora despedido todo o seu corpo técnico polos malos resultados en Europa e na Liga. Chegou Preud'Homme, ex-porteiro mítico do Benfica e parece que o equipo comeza a coller aire. Gañáronlle tres a un ao colista da liga belga, conseguindo os tres primeiros puntos da temporada.
Entrementres, o RC Celta chega de gañar en Tarragona pero cunha costosa factura. O cumplimento da sanción pendiente de Contreras e as recaídas de Pablo García e a grave lesión de George Lucas deixan ao equipo en cadro.
Fernando Vazquez ten que tirar da canteira para poder completar a convocatoria. Roberto Lago e Jonathan Vila viaxaron hoxe coa expedición coa ilusión de poder debutar en partido oficial co Celta, e en Europa.
A escaseza de futbolistas impedirá ao técnico realizar algunhas das rotacións que anunciara nesta semana e condiciona tamén o choque do domingo en Montjuic, para o que Vázquez non poderá recuperar a ningún dos seus lesionados.
Pero o grupo de Vázquez suple os seus problemas de enfermería con fame de fútbol na competición que lle reportou grandes tardes de gloria no pasado recente e na que debutan un bo número de xogadores, o técnico e ata o presidente, Carlos Mouriño. "Estou moi animado e xa me imaxino no palco de Lieja gozando dun bo partido", dixo onte Mouriño, que se achegou ata as instalacións da Madroa acompañado polo director deportivo, Félix Carnero, para charlar con Fernando Vázquez e dar ánimo aos xogadores.
O dirixente céltico mostrouse, pese aos problemas, confiado nunha vitoria do seu equipo.
"Cun 0-1 xa me conformaba. Sería moi feliz. De todos os xeitos, confío en que imos pasar a eliminatoria con calquera resultado", agregou.
O presidente do Celta eloxiou ao adversario e pediu aos célticos valentía para superar a eliminatoria. "O Standard acaba de cambiar de adestrador e recupera a varios dos lesionados que tiña. É un equipo que vén da previa da Liga de Campións e xa sabiamos que ía ser un adversario difícil. Por encima de todo, hai que poñer ganas e coraxe", sentenciou.
Non é Mouriño o único que se estrea. En realidade, tan só restan no plantel cinco supervivientes do equipo que participou na campaña 2003-04 na Liga de Campións: Pinto, Gustavo López, Angel, Contreras e Borja Oubiña. Se tomamos como referencia a última aventura do Celta na Copa da UEFA, na campaña anterior, a relación limítase a tres: Pinto, Gustavo López e Yago Alonso, aínda que Jonathan Aspas debutou anos antes sendo xogador do filial.
Aínda que as lesións limitan considerablemente o campo de acción do técnico, Fernando Vázquez realizará algúns cambios con respecto ao equipo que gañou en Liga ao Nástic o pasado domingo. O preparador celeste podería recompensar o traballo de Esteban dándolle a titularidad na portería e terá que alinear ao rumano Tamas (é do todo improbable que opte por Yago Alonso) no centro da defensa para suplir a baixa de Contreras. Placente será titular no costado esquerdo, Iriney regresa á medular como acompañante de Oubiña e non se descarta que Núñez substitúa a Gustavo López, a quen Vázquez podería reservar para o choque de Liga en Montjuic.
VOLVE Á UEFA. OPINA NO FORO
[...]
O Celta volve a Europa dúas temporadas despois. O conxunto vigués, que marabillou a Europa durante os últimos anos, reencóntrase mañá á noite coa competición europea, despois de afrontar un traumático descenso, un ano no inferno e un ascenso meteórico con clasificación europea incluída.
La Voz de Galicia faise eco desta volta, e aquí reproducimos o artigo publicado hoxe neste xornal.
Tras unha exigua participación na tempada 1971-72, o Celta namorou ao vello continente dúas décadas despois. Agora, talvez, chegou o momento de conquistalo.
Sucedeu hai 35 anos. O 15 de setembro de 1971. Como todas as primeiras veces, os avós contaríanllo aos seus netos. O Aberdeen escocés arrivou a Balaídos na primeira participación europea do Celta. Cero a dous, eliminados. Despois chegarían dúas décadas amargas, desas que deixan un pouso agridoce na memoria. Ata o 15 de maio do 98 cando Gudelj, quizais elevado pola inchada, empuxou á rede aquel balón á vez que arroxaba a súa zamarra. Debaixo, unha camiseta: Grazas afección. Diante, outra vez Europa.
«O recordo daqueles anos é o mellor. Cando chegamos, o equipo pelexaba por non baixar. Un ano despois entrabamos en UEFA. Os primeiros partidos foron emocionantes: como xogabamos, como gañabamos», rememora Mazinho.
Aquela andanza comezou en Romanía contra o Arges Pitesti. Un a cero, gol de Sánchez: «O tanto supuxo unha gran satisfacción e iniciou unha época bonita». Despois: sete a cero en Balaídos, remontada con suspense en Villa Park, e un pedacito de ceo en Anfield Road.
«A afección víveo moito máis. A xente ten un plus de motivación: anima máis, está encima. Europa supón un estímulo», recorda Sánchez.
Drama e optimismo
Con todo, como moitas das crónicas de época, o desenlace non foi o esperado. Un ano o Olimpic; ao seguinte o Lens; despois o Barcelona. Sempre os cuartos de final.
«Para min foi algo lamentable», sintetiza Mostovoi.
«Podiamos gañar, pero por unhas cousas ou outras perdemos», engade Karpin.
No entanto, todos coinciden en mirar cara ao presente esperanzados. «O Celta, como o Sevilla o ano pasado, pode gañar a UEFA», comenta Karpin. «Se as lesións non molestan máis, o grupo ten calidade para facer un bo papel», corrobora Giovanella. E Mostovoi aporta unha nova clave: «acertaron coas fichaxes».
Así, esperando que ningún dos deuses doutro tempo equivóquese, a inchada acudirá solícita ao chanzo consciente de que, quizais por unha vez, a historia faga xustiza co seu equipo.
[...]
A grave lesión de George Lucas, así como outros mancados de longa duración, como De Ridder,P.García ou Guayre deixan ao Celta mermado para afrontar tres competicións.
A desgraza cebouse con George Lucas nesta primeira tempada no Celta. O futbolista, que iniciara os dous primeiros partidos como titular, sufriu onte no Nou Estadi unha grave lesión que seguramente manteralle afastado dos terreos de xogo polo que resta de tempada aínda que o tempo de convalecencia está pendente de revisión. Lucas asinara por unha soa tempada, así que a directiva seguramente terá que decidir se o renova.
A baixa de Lucas obrigará seguramente a realizar algunha fichaxe, pois o Celta non conta esta tempada con demasiados futbolistas para a súa posición, que tamén poden ocupar Jonathan e Ángel, que tamén fai as veces de lateral esquerdo. Vázquez confirmou onte que tratarán de incorporar de inmediato a algún futbolista, se se confirma a gravidade da lesión.
Bo o partido dos pupilos de F.Vázquez. Comezou o partido tendo a posesión do esférico o conxunto de Luis César pero o perigo o poñía o Celta pola maior calidade indivual nos derradeiros metros do campo. Inconmensurable, unha vez máis, o traballo a perna trocada de Gustavo López que fixo as mellores xogadas da primeira metade na banda dereita; parece que Vázquez quere apostar polo bravo xogador arxentino e este está a responder máis que ben. A primeira metade non tivo moita máis historia,sen ocasións claras pra ningunha das dúas escadra. A mala nova na primeira parte do partido foi a lesión de Pablo García, que a bo fe que, non debía comezalo partido xa que non estaba recuperado das súas molestias.
Sofrida victoria do RC Celta fronte ao Nàstic de Tarragona.
Baiano e Nené marcaron para o Celta e Portillo empatou de penalti rigoroso para o Nàstic.
Pero non todo son boas novas, xa que as lesións de P.García e Lucas, esta última de gravidade, poden trastocar e moito os plans do equipo nun futuro inmediato
O RC Celta aguou a festa aos 14.000 siareiros granates que encheron ata o cumio o Nou Estadi de Tarragona para ver a volta do seu equipo á primeira división.
O partido comezou cun dominio catalán que non foi quén de mancar á férrea defensa céltica comandada coma sempre por Contreras e Lequi.
Finalmente Pablo García saíu de inicio, pero non puido aguantar nin vinte minutos. O uruguaio tivo que r
etirarse mancado. Parece ser que é unha pequena recaída da lesión que o tivo apartado do grupo ao longo desta semana. Quizáis foi unha decisión anticipada dar saída ao mediocentro dende o comezo.
Vazquez deu entrada a Placente e moveu a Ángel ata o mediocentro, posición na que cumpriu perfectamente.
Foi cuestión de tempo ata que o Celta se fixo co dominio do partido e, ao comezo da segunda metade, Baiano rompeu as mallas do Nástic, adiantando ao Celta.
O árbitro sinalou un rigoroso penalti que Portillo non deixou escapar e puxo o empate no marcador.
Pero pouco lle durou a ledicia aos cataláns xa que Nené, á media hora da segunda metade, anotaba o segundo e definitivo gol que daba a victoria ao noso equipo.
O Celta xogou sen marabillar, pero convenceu, aínda que pagando unha peaxe cara. George Lucas semella estará varios meses de baixa e haberá que esperar acontecementos sobre Pablo García.
Dependendo da duración da lesión de Lucas, a secretaría técnica do Celta terá que estudar a fichaxe dun novo xogador.
Esperaremos acontecementos.
Cortesía de celestes.org
Opina sobre o partido no FORO
[...]