Blog Celtarrismo
Non tiñamos previsto realizar unha crónica tan extensa da previa e do post-partido de onte, pero despois de escoitar e ler certas acusacións, mentiras e insultos contra Celtarras, queriamos aclarar certas afirmacións, como por exemplo as escritas no Faro de Vigo, onde, como xa non é a primeira ocasión que acontece, invéntanse historias partindo dende o máis absoluto descoñecemento.
Na tarde do mércores previo ó encontro da UEFA entre Celta e Standard, contactamos coa avanzadilla de compoñentes do grupo Ultras Inferno 96, ós que fumos buscar ata o camping de Baiona, onde se aloxaron trala súa chegada dende o aeroporto portugués de Porto. Sinalar que resultaron ser boa xente, e moi amigos do alcohol e a maría. A noite rematou con cea de benvida, festa e degustación de productos da terra, quedando os nosos convidados encantados co licor café. Mesmo adicáronlle unha canción.
Como é costume neste tipo de encontros, os celtarras máis tempraneiros comezaron a chegar a primeiras horas da tarde, así como os compoñentes de UI96, tanto os que estaban dende o día anterior como os chegados o mesmo xoves á nosa cidade. Trocouse diverso material con eles, e posteriormente pagamos un barril de cervexa para seguir coa festa. Así foi pasando a tarde, sen ningún tipo de problema cos numerosos siareiros do Standard que pasaron por alí, incluidos compoñentes de Hell-Side.
O único intre de relativa tensión tivo lugar cando un fato de supporters visitantes ó máis puro estilo casual sacaron unha bandeira de Gran Bretaña, que rápidamente gardaron ó ollar que non era ben vista pola xente de aquí.
Pero a escasos minutos para o inicio do encontro, e despois de encender unhas bengalas que trouxeran os membros de UI96, plantáronse diante nosa un grupiño de hooligans do Standard buscando pelexa (segundo nos dixeron os membros de UI96, non pertencentes a ningún grupo organizado); en canto a xente foise a por eles, tiveron que escapar e perderse por detrás do cordón policial. Pouco antes deste incidente, contáronnos que algún membro de UI96 que estivera connosco dende o día anterior fora agredido por outros membros da expedición chegada dende Liexa, e desconfiamos que o motivo fora a súa amizade connosco.
Falando cos nosos coñecidos belgas, confirmáronnos que algúns hools-casuals do Standard viñan a Vigo na procura de pelexa, e sabendo do costume que hai en paises como Bélxica ou Holanda de visitar os bares dos grupos rivais minutos despois dos partidos para destrozalos, era factible que voltaran por alí de novo.
Durante o encontro, o ambente e o aspecto da nosa bancada foi bastante bo, tendo en conta que apenas había 7000 celtistas máis no resto das bancadas. A que sí presentou un grande aspecto, foi a zona do campo acotada para a hinchada rival, que únicamente tivo que pagar 20 euros pola entrada de Río Baixo. Non deixaron de empurrar ó seu equipo en ningún intre, a pesar do resultado, e inda continuaron animando ós seus un bo rato tralo pitido final. Na nosa bancada estivo pendurada a faixa dos siareiros do Ciudad de Murcia City Boys, que trouxo o compañeiro dese grupo que estivo connosco.
Unha media hora despois do remate do partido e da eliminatoria, a xente que todavía quedaba na zona do Luar decatouse de que os belgas con gañas de bronca (en maior número que antes do encontro) subían por Manuel de Castro con bastante celeridade a por eles, e aí comezou todo. Por certo, que entre eles había xente que durante a tarde estivera entre nós no Luar, como os amigos da bandeira británica. E ata eiquí podemos escribir. Agora, que cada quen pense o que queira.