Como era previsto, o Standard atopábase cómodo defendéndose e buscando o xogo de contraataque. E puido saírlle ben a táctica ao conxunto de Liexa, pois o croata Milan Rapaic tivo nos primeiros minutos dúas boas ocasións para poñer en vantaxe ao seu equipo.
Aínda que o Celta tivo a posesión do esférico, apenas inquietou no primeiro tempo a portería defendida por Oliver Renard. Con todo, na súa primeira aproximación, o brasileiro Fernando Baiano aproveitouse dun agasallo do francés Dembele para bater ao meta belga no man a man.
Co paso dos minutos, o Standard lanzouse en busca do empate, aínda que con máis gañas que fútbol.
Tralo descanso, o Celta saíu máis relaxado e iso puido pasarlle factura, xa que o Standard volveu gozar dunha inmellorable oportunidade para empatar, aínda que de novo Esteban salvou ao seu equipo cunha boa parada a disparo do portugués Sergio Conceiçao. O meta asturiano converteuse nun pesadelo para o equipo de Preud'Homme.
O Celta estaba xogando con lume, e no minuto 64 Lequi realizou un penalti sobre Marouane, pero nin sequera desde o punto dos once metros logrou o Standard superar a un infranqueable Esteban.
Fernando Vázquez, nada contento co xogo do seu equipo, buscou osíxeno no banquiño coa entrada de Canobbio, e o uruguaio, no primeiro balón que tocou, logrou o tanto da tranquilidade. Tralo segundo gol celeste, o Standard entregouse e o Celta aínda tivo tempo para conseguir un novo gol, o segundo de Baiano que demostrou que se atopa nun bo momento de forma.
mundoceleste.ch
NOTA: TodoCelta pide desculpas aos seus visitantes pola tardanza na actualización. A culpa, da previa do partido. Os foreiros saben de que falamos. xDD
Pois, si, foi un gran partido, coma case sempre en competicións europeas, pero logo chegamos a liga e a cosa cambia, espero que xoguemos, como sabemos xogar no Sardiñeiro e levemos por fin unha alegría os seareiros deste club.
Boas scillion_06!
Levas toda razón.Ogalla en Santander nos mostremos igual de seguros e poidamos remontar a clasificación en Liga.
Benvido a TodoCelta.com!Invitámoste a unirte á nosa comunidade de foros.
Benvido de novo,e hala Celta