Xoves, 28 de Setembro de 2006

Imagen


O Celta hoxe intentará recuperar folgos na transcendental visita do Standard de Liexa a Balaídos.
Os celestes que veñen de colleitar a súa segunda derrota en tres partidos de Liga e deixando síntomas de preocupación no seu xogo, enfrontaránse hoxe a un Liexa que semella renovado dende a chegada de Preud'Homme.

De tódolos xeitos, o Celta é o claro favorito para clasificarse para a liguiña por mor do resultado acadado en terras belgas, aínda que ese 0-1 se pode convertir nun marcador traizoeiro. Si o Celta sae desenchufado esta noite, nun Balaídos semi baleiro, pode complicarse moito o partido e a eliminatoria.

A alineación que pode sacar hoxe Fernando Vázquez é unha incognita. Polo observado no último adestramento de seguro haberá trocos no once inicial. O de castrofeito podería sacar un equipo coma este: Esteban, Lequi, Tamas, Contreras, Oubiña, Iriney, Jonathan, Nuñez, Jorge, Perera e Baiano, ademáis do canteiran Jonathan Vila que ten posibilidades de entrar no equipo.

A transcendencia do partido é moi importante, e así o fixo saber onte o adestrador

"Unha derrota sería difícil de asimilar"
, proclamou onte Vázquez, quen espera que ambos conxuntos susciten un partido aberto, porque o seu equipo, como o rival, tamén sairá "a gañar", malia que un empate valeríalle para alcanzar a
liguilla da Copa da UEFA.

Pola súa banda o adestrador belga non se fía dos malos resultados dos vigueses, aos que considera como favoritos.
Tampouco se cre que os vigueses entren en crise polos malos resultados ligueros, xa que para o técnico do Standard os célticos só fracasaron ante Osasuna. "Fálase moi rápido de crise no fútbol", proclamou, antes de sinalar que o seu conxunto deberá alcanzar "o seu mellor nivel" de xogo para saír airoso desta eliminatoria, "e que o Celta non o faga" tan ben como en terras belgas.

OPINA DO PARTIDO NO FORO

Imagen

Publicado por Karlinhos @ 12:23  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios