Martes, 26 de Setembro de 2006

Imagen


Fernando Baiano foi un dos protagonistas ao remate do encontro fronte ao Osasuna. Segundo testemuñas presenzais, Baiano foi increpado por un grupo de siareiros que o agardaban á saída do estadio.

Hai poucas semanas, o xogador brasileiro do Celta, declarou non sentirse apoiado por parte da bancada. O "amor" profesado polos afeccionados a Perera parecía molestar ao pichichi do equipo.

O dianteiro é un tipo de xogador que non acaba de gustar ao afeccionado céltico. Ten unha boa capacidade goleadora, é potente, traballa non só na punta, pero ás veces peca de lentitude.
O esquema proposto polo adestrador tampouco parece non ser moi beneficioso para o dianteiro.
Está excesivamente só en ataque e o Celta, equipo ao que lle gusta sobar a pelota en demasia, non lle ofrece moitos balóns aos que rematar.

Certo é que as críticas a Baiano chegaron dende o seu primeiro encontro en Balaídos. Todos coñecemos a certo sector do aboado vigués, crítico con todo, que aos 10 minutos do seu primeiro encontro xa o tildaban de "Catanha".
Nada ten que ver o bo de Fernando coa fichaxe máis cara da historia do Celta.

O domingo pasado Baiano non estivo ben, pero o Celta tampouco. Semella inxusto que na xornada cuarta de campionato, siareiros do Celta agarden aos xogadores para increpalos e lembrarse das súas nais, tal como se se tratase de Antic despois da deserción.

O debate está servido. Baiano non está no seu mellor momento, pero é un xogador case imprescindíbel para o adestrador e para o seu sistema. Mentres Perera pide paso, e Balaídos o apoia.
¿Vos que pensades?. O debate segue no foro.

Publicado por Karlinhos @ 16:52  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios