Fernando VÁZQUEZ

Vazquez rendiuse á evidenza e recoñeceu o mal partido de onte, a lentitude e pesadez dos xogadores.
Sobre a pasividade do equipo declarou:
«non queriamos que ocorrese, pero ocorreu. O equipo non se bloqueou e intentouno sempre. Foi sempre cara a adiante, con máis ou menos precisión e acerto, pero quixo ir sempre cara a adiante. Pero por suposto que non fixemos un bo partido e tecnicamente non estivemos moi precisos. Demos demasiadas facilidades ao rival. O equipo non estivo nin preciso nin exacto»
José Ángel ZIGANDA

O adestrador de Osasuna felicitouse polo resultado acadado onte en Balaídos.
«Coido que estivemos ben. Desde o primeiro momento e durante case todo o partido atopámonos máis cómodos que o Celta no campo. Estivemos a gusto coa pelota, levando o ritmo e o dominio».
O adestrador visitante admitiu non obstante que, en inferioridade e contra todo prognóstico, ao final os vigueses puxéronlles en apertos cando menos esperábano: «Ao final, logo da expulsión, o Celta xogouse o todo polo todo e pasounos o do outro día. Estabamos para matar o partido e ao final houbo un "correcalles" cando non nos interesaba. Tivemos a sorte de facer o cero a dous, pero as ocasións máis claras tivéronas eles con dez nos últimos dez minutos. Afortunadamente houbo dúas paradas boas de Ricardo. Tivemos ocasións para rematar antes, pero é verdade que a defensa do Celta soubo xogar ben o un contra un»
Diego PLACENTE

Placente tamén se amosou crítico co xogo do equipo á saída do estadio.
«O equipo non xogou ben. No primeiro tempo estivo parello, pero despois do gol e coa expulsión non fixemos un bo partido», manifestou o lateral zurdo arxentino.
De todos os xeitos opina que o mellor é facer canto antes borrón e conta nova e pensar no que vén para regresar á senda dos bos resultados que tanta falta lle fan agora mesmo ao equipo:
«Hai que pensar no xoves, onde temos na UEFA unha boa oportunidade para gañar e así saír desta situación fea.>>