Este domingo visita Balaídos Osasuna coa premisa de "gañar ou gañar". O comezo de Liga "non é preocupante, a liña é positiva", segundo declarou Vazquez onte, pero unha victoria o domingo é necesaria, tanto para escalar chanzos na clasificación como para afrontar a volta da UEFA coa tranquilidade precisa.
Fernando Vázquez analizou onte a situación do equipo.
"Non é preocupante, o equipo está a marcar unha liña positiva. O fútbol ás veces dache cousas e ás veces as quita".
As numerosas accións desperdiciadas tanto en Liexa como en Barcelona así como unha defensa un tanto máis feble que a do ano pasado privaron ao equipo de acadar sentenciar a eliminatoria e sumar tres puntos en Liga.
"Deixemos que pasen os partidos para que o fútbol vaia colocando ao Celta no sitio que lle corresponde, que creo que é máis alto do que está actualmente polo fútbol que leva despregado ata o momento", propuxo para non cargar de presión ao equipo ante as dúas citas en Vigo.
Do rival do domingo comentou que espera "a un Osasuna parecido ou similar ao do ano pasado". Os navarros nunca gañaron en Vigo nas súas dezaoito visitas.
Aínda así, Vázquez recalcou: "Necesitamos gañar ese partido".
Tampouco se mostra confiado ante o Standard: "A ver se agora imos pensar que como gañamos 1-0 xa estamos clasificados. En absoluto, Quédanos un partido moi complicado e moi difícil na nosa casa", advertiu o adestrador do Celta, que ante estes dous retos apela ao optimismo: "O equipo está ben".
| .:: Escribe tu comentario |