Un dos primeiros obxectivos que se marcou Carlos Mouriño á súa chegada á presidencia do RC Celta, era recuperar a masa social perdida nos últimos anos, abaratando o prezo dos abonos e ofrecendo algunhas vantaxes e ofertas co obxecto de achegar o clube á cidade.
Así foi, os prezos dos abonos se reduciron dun xeito notábel e según publica hoxe mesmo o FARO DE VIGO, recuperáronse ao redor de 3000 socios, ata chegar á cifra oficiosa de 18.000 aboados. O reto dos 20.000 aínda queda lonxe.
O vindeiro xoves volve a competición europea a Balaídos. O Celta chega cun bo resultado colleitado en Bélxica e coa necesidade de pasar esta eliminatoria. Todo apuntaba a que Balaídos se convertise nunha festa no enfrontamento fronte ao Standard ata que o Consello de Administación decidiu recuperar o tan temido día do clube para este partido.
Parece a primeira metedura de pata do novo consello, xa que un partido previo á liguiña, cun bo resultado a favor, xoves, retransmitido pola TVG, e ainda por riba con suplementos non semella o escenario máis favorábel para ver un bo ambiente no estadio.
Certo é que os prezos non son excesivos, quitando os 12 €/adulto en Tribuna, pero quizáis esta medida debería guardarse para máis adiante e non comezar e expoliar ao socio no mes de setembro.
Eu aposto polos 12.000 espectadores, sendo optimista. A solución, o xoves en Balaídos.
| .:: Escribe tu comentario |