TodoCelta.com ofrécevos unha escolla das mellores fotografías da volta do Celta a Europa.
Partido con brillo e con oficio por parte do Celta.
O brillo púxoo Gustavo López liderando ao equipo cara á vitoria cun gran partido e o único gol do encontro.
O oficio foi obra do conxunto ao completo, que mostrou a súa capacidade de afrontar os duelos de máis esixencia.
O Celta saíu a arrefriar o partido e aos belgas non lles acendeu o forno.
Unha vez que o partido estivo metido na neveira, o Celta empezou a gañar a posesión da pelota e a chegar con máis asiduidade ao área rival, onde fallaba o último pase
O gol chegou tras unha internada de Ángel , que cedeu atrás para Gustavo, quen dun toque sutil coa bota da súa zurda, puxo o balón na esquina contraria, onde o meta Renard nunca llo esperaría.
Foi un verdadeiro xerro de auga fría para o Standard de Lieja que se quedou sen capacidade de reacción, permitindo ao Celta moverse na súa salsa e manexar o encontro ás súas anchas.
Pero en fútbol ao equipo local, aínda que se mostre moi inferior, chégalle moitas veces unha simple chama para xerar un incendio. Sergio Conceiçao tivo a mellor ocasión do seu equipo cun remate que sacou Tamas baixo paus e que espoleó aos seus compañeiros e á afección con case todo o segundo tempo por diante. Foron os momentos máis quentes do partido e máis angustia para a zaga viguesa, con tiro ao traveseiro incluído.
Aos belgas non lles quedaba máis remedio que reaccionar a base de ritmo e forza. Os célticos tiveron que quitarse o traxe e poñerse o mono. Na mina pasaron momentos de dificultades, pero é precisamente aí onde se ve a fortaleza mental dun equipo e o Celta non se engurrou nun deses escenarios onde fai falta oficio. Aguantou o resultado e fíxose acredor ata a unha vantaxe maior para sentenciar a eliminatoria.
Artigo La Voz de Galicia
| .:: Escribe tu comentario |