Venres, 15 de Setembro de 2006

Imagen


Non podía ser doutro xeito, era unha esixenza histórica. O último resquicio dos anos dorados, o heroe local, Gustavo Adrián López foi o encargado de marcar o gol da victoria no regreso do Celta a Europa.

Curiosa a historia do arxentino, que pasou de ser o descartado por Vazquez, o seu grano no vestiario, o que lle enfrontou á bancada, a ser titular fixo, na banda dereita converténdose de novo na alma do equipo.

Segunda xuventude a que esta a vivir o arxentino. Home incombustíbel, con capacidade de liderado e comprometido cunhas cores e cunha cidade. É o arxentino máis vigués que existe, máis celtista que se nacera en Balaídos, e o que é máis importante, gran futbolísta e mellor persoa.

Futbolísta con renome, o máis mediático do equipo sen lugar a dúbidas, renunciou a un retiro dourado e a unha ficha de gran xogador, para purgarse co equipo dos seus amores na segunda división. Xunto con outros pesos pesados do vestiario, sacaron ao equipo das catacumbas onde caeran o ano anterior. E volveu. Volveu ao lugar de onde nunca debeu sair. O máxima competición, a primeira división.

Marcou no primeiro encontro do Celta en primeira. Era a súa tarefa. O noso capitán volveunos situar no noso sitio.
Pero non foi un ano dorado. Por algún motivo dificil de dislumbrar, foi relegado ao ostracismo e foi o protagonista do pulso que o adestrador mantivo coa bancada.

Balaídos tiña razón, e o técnico decatouse a tempo. O último partido de liga foi unha homenaxe en toda regra. O celtismo tiña medo de non poder volver a ver ao seu buque insignia. Gustavo regalounos un encontro digno de gravar. Coma unha grande estrela nos seus anos mozos.
Vazquez sucumbiu á realidade, e a directiva tamén. Non foi un comportamento elegante nin un trato digno, pero Gustavo segue no Celta, e de que forma.

Titular indiscutible neste comezo de liga.
É o mellor ata xogando na banda que non lle corresponde. E onte, asumiu o seu papel de capitán. Era, de novo, o seu traballo.
Volveu o Celta a Europa, volveu Gustavo López. Volvemos pola porta grande.

"Gustavo, viejo, que bueno que te quedaste". Cuervo, grazas.

SEMPRE CELTA, SEMPRE GUSTAVO.





Publicado por Desconocido @ 14:18  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios