COMO ANTANO
O Celta regresou onte á noite á competición europea facendo gala da súa experienza e agasallándonos cun partido máxico e cheo de emoción.
Dous anos despois, a Rianxeira volveu soar polo vello continente e Vigo e Galiza volveron vibrar co seu equipo en Europa.
Gustavo, Gustavito, quén se non, foi o que nos deu o triunfo. Foi o primeiro en marcar na volta á primeira división, e o primeiro en marcar na nosa volta a Europa. Non podía ser doutro xeito, a historia, o fútbol, o Celta e o celtismo así o querían. O noso pequeno deus arxentino foi o que puxo a guinda a un partido no que o Celta demostrou a súa superioridade, regalandanos media hora de fútbol directo, abasallador e sen contemplacións.
Pero non foi un partido doado. Na segunda metade, os belgas tomaron as rendas do partido e puxeron a Esteban en máis dun apuro. A piques estiveron de empatar, primeiro Conceiçao non marcou grazas a Esteban e a Tamas baixo paus, e máis tarde Areias a porta baleira. O Celta, cun pouco de fortuna, aguantou as embestidas belgas.
Despois, o Celta e a súa orde defensiva (bo debut de Tamas, Lequi coma sempre, impresionante) fixeron que a intentona desesperada de Preud'Homme, dando entrada aos dianteiros Kovalenco e Pelaic, non tivera os efectos perseguidos.
"O noso nivel foi sobrasaliente. Mágoa que non matásemos a eliminatoria"
Fernando Vázquez, encantado co rendemento do equipo
O Celta deixa medio encarrilada a eliminatoria, e pode viaxar tranquilo a Barcelona. A semana que vén, un Liexa tocado pero non afundido intentará dar a volta á eliminatoria en Balaídos. Ben seguro que os nosos nos deleitarán con outra gran noite europea, como as de antano.
| .:: Escribe tu comentario |