Xoves, 14 de Setembro de 2006
Despois dun traumático descenso, un ano no inferno, un meteórico ascenso e unha nova clasificación europea, o Celta volve á competición continental con gañas de revancha.
Hoxe viviremos o primeiro episodio en Bélxica, no Maurice Dufrasne fronte ao Standard de Liexa.


A expedición viguesa viaxou a terras belgas mermadas polas diferentes lesións e sancións que sofre o equipo. Debutará unha defensa inédita con Tamas e Lequi como centrais, e presenzaremos a volta de Iriney ao medio do campo.

Arriba, o Celta contará con todo o seu potencial, capitaneado polo incombustíbel Gustavo López, acompañado de Cannobio, Nené e Baiano en punta.

O club celeste labrouse un nome no Vello Continente grazas aos seus recentes seis anos consecutivos en competicións europeas, nos que eliminou a equipos de pompa (Juventus, Ajax, Liverpool, Estrella Vermella, Benfica...) facendo gala en moitas ocasións dun fútbol atractivo para o espectador.

Ángel , Pinto, Borja Oubiña, Contreras e Gustavo López son os únicos sobreviventes daquela última eliminatoria contra o Arsenal. A maioría das caras son novas, o consello de administración do club tamén, pero as ilusións da antiga xeración herdáronse e este Celta regresa a Europa coa idea de saldar a vella conta pendente nesta competición.

Os célticos quedáronse en tres ocasións ás portas da semifinal da Copa da UEFA, e en todas elas faltou un mínimo detalle para clasificarse. Esta tempada hai tres vías para alcanzar o tan ansiado título para o club, e Europa parece unha das máis adecuadas. O espello é o Sevilla, que se alzou con este trofeo fai uns poucos meses.

Rival en horas baixas

O primeiro escollo neste duro camiño é o Standard de Lieja, un clásico nas competicións continentais, con máis dun centenar de partidos disputados, pero que actualmente se atopa en horas baixas. Ocupa a zona baixa da clasificación no campionato ligueiro belga tras un mal comezo de tempada.

En principio os celestes son favoritos, pero a escuadra de Fernando Vázquez non chega nas mellores condicións a esta cita do seu reencontro coa UEFA debido ás numerosas ausencias (cinco lesionados e un sancionado) que lle impedirán ao técnico sacar o equipo que desexase.

Respecto da formación de Tarragona presúmense as novidades de Tamas, Placente, e Iriney e mantense a dúbida da portería. Son poucos os efectivos pero ofrecen as suficientes garantías para pensar que esta noite en Lieja pode encarrilarse a eliminatoria para rematala dentro de 15 días.


Publicado por Karlinhos @ 17:38  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios