Achégase o momento. Mañá en Liexa, ás 20.30h o RC Celta de Vigo volverá a pasear a súa elástica celeste por Europa.
O Celta enfróntase aos Belgas nesta primeira rolda da copa da Uefa, co papel de favorito, aínda que plagado de lesións.
Ningún dos dous equipos chega no seu mellor momento.
O Celta, plagado de lesións,á última a de Jorge, que tamén se caeu da lista. Mentres o Lieja chega en pleno proceso de renovación despois de que fora despedido todo o seu corpo técnico polos malos resultados en Europa e na Liga. Chegou Preud'Homme, ex-porteiro mítico do Benfica e parece que o equipo comeza a coller aire. Gañáronlle tres a un ao colista da liga belga, conseguindo os tres primeiros puntos da temporada.
Entrementres, o RC Celta chega de gañar en Tarragona pero cunha costosa factura. O cumplimento da sanción pendiente de Contreras e as recaídas de Pablo García e a grave lesión de George Lucas deixan ao equipo en cadro.
Fernando Vazquez ten que tirar da canteira para poder completar a convocatoria. Roberto Lago e Jonathan Vila viaxaron hoxe coa expedición coa ilusión de poder debutar en partido oficial co Celta, e en Europa.
A escaseza de futbolistas impedirá ao técnico realizar algunhas das rotacións que anunciara nesta semana e condiciona tamén o choque do domingo en Montjuic, para o que Vázquez non poderá recuperar a ningún dos seus lesionados.
Pero o grupo de Vázquez suple os seus problemas de enfermería con fame de fútbol na competición que lle reportou grandes tardes de gloria no pasado recente e na que debutan un bo número de xogadores, o técnico e ata o presidente, Carlos Mouriño. "Estou moi animado e xa me imaxino no palco de Lieja gozando dun bo partido", dixo onte Mouriño, que se achegou ata as instalacións da Madroa acompañado polo director deportivo, Félix Carnero, para charlar con Fernando Vázquez e dar ánimo aos xogadores.
O dirixente céltico mostrouse, pese aos problemas, confiado nunha vitoria do seu equipo.
"Cun 0-1 xa me conformaba. Sería moi feliz. De todos os xeitos, confío en que imos pasar a eliminatoria con calquera resultado", agregou.
O presidente do Celta eloxiou ao adversario e pediu aos célticos valentía para superar a eliminatoria. "O Standard acaba de cambiar de adestrador e recupera a varios dos lesionados que tiña. É un equipo que vén da previa da Liga de Campións e xa sabiamos que ía ser un adversario difícil. Por encima de todo, hai que poñer ganas e coraxe", sentenciou.
Non é Mouriño o único que se estrea. En realidade, tan só restan no plantel cinco supervivientes do equipo que participou na campaña 2003-04 na Liga de Campións: Pinto, Gustavo López, Angel, Contreras e Borja Oubiña. Se tomamos como referencia a última aventura do Celta na Copa da UEFA, na campaña anterior, a relación limítase a tres: Pinto, Gustavo López e Yago Alonso, aínda que Jonathan Aspas debutou anos antes sendo xogador do filial.
Aínda que as lesións limitan considerablemente o campo de acción do técnico, Fernando Vázquez realizará algúns cambios con respecto ao equipo que gañou en Liga ao Nástic o pasado domingo. O preparador celeste podería recompensar o traballo de Esteban dándolle a titularidad na portería e terá que alinear ao rumano Tamas (é do todo improbable que opte por Yago Alonso) no centro da defensa para suplir a baixa de Contreras. Placente será titular no costado esquerdo, Iriney regresa á medular como acompañante de Oubiña e non se descarta que Núñez substitúa a Gustavo López, a quen Vázquez podería reservar para o choque de Liga en Montjuic.
| .:: Escribe tu comentario |