Mércoles, 13 de Setembro de 2006

Imagen


O Celta volve a Europa dúas temporadas despois. O conxunto vigués, que marabillou a Europa durante os últimos anos, reencóntrase mañá á noite coa competición europea, despois de afrontar un traumático descenso, un ano no inferno e un ascenso meteórico con clasificación europea incluída.

La Voz de Galicia faise eco desta volta, e aquí reproducimos o artigo publicado hoxe neste xornal.

Tras unha exigua participación na tempada 1971-72, o Celta namorou ao vello continente dúas décadas despois. Agora, talvez, chegou o momento de conquistalo.

Sucedeu hai 35 anos. O 15 de setembro de 1971. Como todas as primeiras veces, os avós contaríanllo aos seus netos. O Aberdeen escocés arrivou a Balaídos na primeira participación europea do Celta. Cero a dous, eliminados. Despois chegarían dúas décadas amargas, desas que deixan un pouso agridoce na memoria. Ata o 15 de maio do 98 cando Gudelj, quizais elevado pola inchada, empuxou á rede aquel balón á vez que arroxaba a súa zamarra. Debaixo, unha camiseta: Grazas afección. Diante, outra vez Europa.

«O recordo daqueles anos é o mellor. Cando chegamos, o equipo pelexaba por non baixar. Un ano despois entrabamos en UEFA. Os primeiros partidos foron emocionantes: como xogabamos, como gañabamos», rememora Mazinho.

Aquela andanza comezou en Romanía contra o Arges Pitesti. Un a cero, gol de Sánchez: «O tanto supuxo unha gran satisfacción e iniciou unha época bonita». Despois: sete a cero en Balaídos, remontada con suspense en Villa Park, e un pedacito de ceo en Anfield Road.

«A afección víveo moito máis. A xente ten un plus de motivación: anima máis, está encima. Europa supón un estímulo», recorda Sánchez.

Drama e optimismo


Con todo, como moitas das crónicas de época, o desenlace non foi o esperado. Un ano o Olimpic; ao seguinte o Lens; despois o Barcelona. Sempre os cuartos de final.
«Para min foi algo lamentable», sintetiza Mostovoi.
«Podiamos gañar, pero por unhas cousas ou outras perdemos», engade Karpin.

No entanto, todos coinciden en mirar cara ao presente esperanzados. «O Celta, como o Sevilla o ano pasado, pode gañar a UEFA», comenta Karpin. «Se as lesións non molestan máis, o grupo ten calidade para facer un bo papel», corrobora Giovanella. E Mostovoi aporta unha nova clave: «acertaron coas fichaxes».

Así, esperando que ningún dos deuses doutro tempo equivóquese, a inchada acudirá solícita ao chanzo consciente de que, quizais por unha vez, a historia faga xustiza co seu equipo.


Publicado por Karlinhos @ 13:29  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios