
A
grave lesión de George Lucas, así como outros mancados de longa duración, como De Ridder,P.García ou Guayre
deixan ao Celta mermado para afrontar tres competicións.
Onte, o
presidente mailo corpo técnico do equipo
reuníronse de urxencia para tratar de definir as necesidades do equipo e a urxencia ou non, de facer
fichaxes.
Carlos Mouriño declaraba onte que
"o clube tentará de traer o antes posíbel un lateral", ainda que lembrou que o equipo
"ten unha plantilla curta a petición do corpo técnico".
De tódolos xeitos, a posíbel contratación de novos reforzos queda aprazada ata a volta de Bélxica, co fin de non distraer ao equipo do enfrontamento deste xoves.
Entretanto, confirmouse do ofrecemento de Diego
Tristán ao Celta. O propio xogador sería o que se ofrecera ao Celta, aínda que
non recibiu ningunha resposta por parte dos vigueses. Finalmente, e grazas a Deus,
Tristán asinaba co Mallorca, clube co que debutou en primeira división.