Luns, 11 de Setembro de 2006


Última Hora
22.20h: Segundo os doutores do RC Celta, G.Lucas estará de 4 a 5 meses de baixa. Mañá ofreceremos o resumo da rolda de prensa que ofreceu o corpo médico do equipo despois da intervención quirúrxica.TodoCelta.com


A desgraza cebouse con George Lucas nesta primeira tempada no Celta. O futbolista, que iniciara os dous primeiros partidos como titular, sufriu onte no Nou Estadi unha grave lesión que seguramente manteralle afastado dos terreos de xogo polo que resta de tempada aínda que o tempo de convalecencia está pendente de revisión. Lucas asinara por unha soa tempada, así que a directiva seguramente terá que decidir se o renova.
A falta de que as probas médicas confirmen o diagnóstico inicial de Juan José Crespo, o médico do Celta, o futbolista brasileiro fracturouse a cabeza do peroné, o que lle supoñerá unha recuperación de varios meses e agora mesmo parece difícil que poida volver vestirse de curto este curso. Lucas dirixiuse tralo partido ata a Clínica Santa Tecla de Tarragona, onde se lle practicou a primeira revisión.
O lateral celeste lesionouse no minuto 57 de partido de modo fortuito, nunha mala caída cando ía saltar para pelexar un balón. O choque contra o chan foi verdaderamente aparatoso, pois a perna dobrouse como nunha contorsión e deseguido se soubo que se trataba dunha lesión verdaderamente grave.
A baixa de Lucas obrigará seguramente a realizar algunha fichaxe, pois o Celta non conta esta tempada con demasiados futbolistas para a súa posición, que tamén poden ocupar Jonathan e Ángel, que tamén fai as veces de lateral esquerdo. Vázquez confirmou onte que tratarán de incorporar de inmediato a algún futbolista, se se confirma a gravidade da lesión.
O de onte foi un día nefasto para o Celta, que tamén perde a Pablo García, ao que o técnico cometeu o erro de alinealo aínda lesionado. Haberá que evaluar agora o alcance da recaída do medio centro charrúa.
A situación da enfermería do Celta comeza a ser alarmante malia que tan só se levan transcorridas dúas xornadas de Liga. Ademais de Lucas e García, Fernando Vázquez non poderá dispoñer nos próximos encontros de Guayre e De Ridder. O artilleiro canario, cunha rotura de fibras na parte posterior da coxa esquerda, deberá permanecer un mes afastado dos terreos de xogo mentres que o centrocampista holandés, aqueixado dunha tendinite no tendón rotuliano, estará de baixa entre oito e doce semanas.
Moito complícanselle as cousas ao técnico do Celta, que en breve se reunirá co director deportivo, Félix Carnero, para ver que posibilidades de reforzar a plantilla ofrece o mercado. As xestións do club centraranse nos futbolistas en paro.

Publicado por Desconocido @ 17:24  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios