Bo o partido dos pupilos de F.Vázquez. Comezou o partido tendo a posesión do esférico o conxunto de Luis César pero
o perigo o poñía o Celta pola maior calidade indivual nos derradeiros metros do campo.
Inconmensurable, unha vez máis, o traballo a perna trocada de
Gustavo López que fixo as mellores xogadas da primeira metade na banda dereita; parece que Vázquez quere apostar polo bravo xogador arxentino e este está a responder máis que ben. A
primeira metade non tivo moita máis historia,sen ocasións claras pra ningunha das dúas escadra. A mala nova na primeira parte do partido foi a
lesión de Pablo García, que a bo fe que, non debía comezalo partido xa que non estaba recuperado das súas molestias.
A segunda metade comezou como rematou a primeira, con un Gus facendo moito dano na dereita e nunha destas puxo un centro marca da casa pra un
Baiano que rematando co xeonllo en semi erro conseguía así batir ó gardamallas arxentino Bizzarri. Co 0-1 no dixital do Nou Stadi, o Celta afrontaba o resto do partido nunha situación inmellorable. Cando parecía que a victoria estaba máis que encarrilada, volveu a
desgracia á casa celeste e nunha xogada fortuíta o
brasileiro George Lucas destrozou a perna nun salto pra disputar un balón no centro do campo. As imaxes son
escalofriantes e os xestos de dor falan por si sos. Despóis disto viñeron os millores momentos do Nastic que coa grada a favor conseguíu forzar un
penalti ó xigantón Makukula máis que dudoso, que
Portillo encargouse de mandar ás mallas. Cando todo torcíase pra ós celestes
apareceu Canobbio (desaparecido todo o partido, excepto unha xogada na primeira metade nun pase a Baiano que rematou co esférico bicando o pau esquerdo de Bizarri) que fixo unha fantástica xogada deixando o
pase da morte para que Nené chegando desde atrás
fixera o 1-2, que tanta xustiza facía no marcador. De aquí ó remate do partido o Nastic seguiuno intentando con máis garra que calidade pero o electrónico do Nou Stadi non se trocou máis en todo o partido. Os 3 primeiros puntos chegaron a Vigo.