Así vivimos en DIRECTO o partido en TodoCelta.com
FINAL: NÀSTIC 1 - 2 CELTA
Chegou o momento. O Celta intentará acadar hoxe nun Nou Estadi de Tarragona repleto, os seus primeiros tres puntos da temporada fronte a un recen ascendido pletórico e con gañas de regalar á súa afección a primeira victoria como local en primeira división en 56 anos.
A ausenza de Iriney e a dúbida de Pablo García poden determinar o plantexamento de Fernando Vázquez no encontro. Esta situación, seguramente, non se resolverá ata última hora.
O técnico de Castrofeito baralla varias posiblidades entre as que se encontra empregar o 4-1-4-1 con Oubiña só no medio do campo, Gus pola dereita, Nené á esquerda e Jorge e Cannobio flanqueando a Baiano.
En canto ao Nàstic, Luis César só ten un problema. Un lixeiro contratiempo que deberá liquidar tras un parón de 15 días que o que fixo foi aumentar as ansias de fútbol na parroquia grana.
Trátase da ausencia por lesión de Carlos Merino, confirmada desde o pasado luns. tivo tempo o galego para traballar nunha solución e atopar a peza que mellor se adapte no dobre pivote.
Xunto a Abel Buades poderían xogar, segundo recordou onte mesmo o técnico, Manolo, Àngel Morais e Juan. Precisamente, o mellor situado parece ser o asturiano, co que Luís César traballou esta semana moi intensamente. A súa nova ubicación no campo obrigaría a dar entrada a un xogador de banquiño no carril esquerdo. Neste caso, o brasileiro Gil conta con moitos números. Así, a afección podería saciar as ganas de ver ao habilidoso xogador en acción, aínda inédito en partido de Liga.
Entre semana, o segundo contratiempo o exemplificó o veterano Antoni Pinilla. O capitán do Nàstic non adestrou ao mesmo nivel que os seus compañeiros debido a unha fascitis plantar e se especulou coa súa posible baixa. Onte, en cambio, o xogador se exercitou sen problemas e o mesmo Luís César apuntou que estará listo para vestirse de curto.
Entrementres, o adestrador do Celta, Fernando Vázquez, dixo onte que espera un partido «moi táctico» ante o Nàstic de Tarragona, pero expresou a súa confianza en que a maior calidade dos seus homes acábese impoñendo no choque.
Vázquez manifestou que o seu colega no equipo tarraconense, Luis Cesar, e el teñen unha concepción moi similar do fútbol, co que aventurou que «será un encontro difícil de romper, e moi dinámico e intenso. Vai ser un partido pelexado e traballado, pero nós temos elementos de calidade suficientes, e teño plena confianza en eles», puntualizou.
«é evidente que unha vitoria nos daría confianza para este semana na que tamén xogamos a Copa da UEFA», sinalou, e recordou que, aínda que é pouco amigo das estatísticas, as dúas veces que se enfrontaron en Segunda División, as dúas «caeron ao lado celeste».
| .:: Escribe tu comentario |