
A volta de Jorge Larena pode condicionar o esquema que Fernando Vázquez presente en Tarragona. Oubiña só no mediocampo, empregando o mítico 4-1-4-1, que tantas veces se usou na temporada do ascenso.
A sanción de Iriney e lesión de Pablo García poden ser fundamentais para deixar a Oubiña como único mediocentro. O uruguaio leva toda a semana adestrando só, aínda que estaba previsto que hoxe se unise ao resto do grupo. De todos xeitos, a incorporación de García ao equipo titular semella un tanto precipitada,
Se hai un par de anos, Oubiña estaba só no mediocampo flaqueado por Jandro e Cannobio na mediapunta e Gustavo e Jonathan nas bandas, o vindeiro domingo poderíase repetir unha situación semellante pero con Nené pola esquerda e Gustavo pola dereita, e Jorge facendo as funcións de Jandro.