Unha cidade entusiasmada e un equipo motivadísimo van ser os grandes escollos cos que vai ter que lidiar o Celta no regreso á competición despois do parón.
O Celta comeza maña en Tarragona un maratón de partidos que pode resultar transcendental no futuro inmediato do equipo.
Matias Lequi afirmaba onte que a proximidade do partido de UEFA pode descentrar aos xogadores do Celta, moitos deles debutantes en competición europea. Pero facendo alarde do seu característico sentido da responsabilidade e profesionalidade, amosábase consciente da importancia do choque fronte ao Nàstic.
O Celta viaxa a Tarragona coa sensación de ser un convidado de excepción á festa que vai ter lugar no Nou Estadi con motivo da volta do seu equipo á elite 56 anos despois.
Pouco se ten falado de temas deportivos nesta última semana, marcada polo mercado de fichaxes, o overbooking na enfermaría celeste e as obras no Nou Estadi.
O Celta debe centrarse e moito no partido de maña. Como afirmaba Lequi vai ser un partido "duro e pechado". As reducidas dimensións e a presión ambiental van ser dous elementos a ter en conta polos celestes. O Celta ten que gañar se non quere acabar a xornada vendo á clasificación dende abaixo, e para poder afrontar de forma tranquila un partido tan transcendental como o de Liexa.
O equipo de Vázquez debe recuperar a súa fórmula máxica do ano pasado, pecharse ben atrás e aproveitar as súas ocasións en ataque. É o único xeito de intentar doblegar a un equipo tan ordeado e motivado coma o Nàstic de Luis César.
Mañá teremos a solución.
| .:: Escribe tu comentario |