Venres, 08 de Setembro de 2006

Imagen

Dani De Ridder e Guayre perderánse os dous vindeiros encontros de Liga e Uefa ao recaer das súas respectivas lesións.

O centrocampista holandés do RC Celta leva dende o mes de agosto cunha tendinitis rotuliana que lle pode ter apartado do terreo de xogo uns dous meses.

A lesión, moi parecida á que sufriu Sergio Fernández ao final da pasada tempada, non remitiu co periodo de repouso que o xogador gardara nas últimas semanas. "Lonxe de remitir, a dor foi en aumento nestes dous últimos días e decidimos que o mellor era parar de novo", indica Crespo. O facultativo engade que o periodo de repouso non será inferior a dúas semanas, aínda que advirte que o prazo medio de recuperación nesta clase de lesións é de "uns dous meses".

GUAYRE

O Canario tivo que retirarse lesionado no minuto 28 do partido fronte ao Pontevedra da Copa Xunta ao recaer da lesión que xa lle ten apartado dende hai un mes do resto do grupo.
Os médicos do clube seguen facendo probas e non descartan que sofra algún tipo de lesión oculta ata o de agora, como unha microrrotura.

"Sospeitamos que ten que haber algún tipo de microrrotura que non vimos noutras probas porque non é normal que recaia tan fácilmente"
Hoxe mesmo se saberán os resultados.

PABLO GARCÍA

Mellores perspectivas parecen agardar ao uruguaio Pablo García, aqueixado, como Guayre, dunha contractura na coxa. Aínda que o futbolista segue exercitándose á marxe do grupo, os doutores sosteñen que a evolución do xogador é satisfactoria e concédenlle elevadas posibilidades de estar a disposición do técnico para o compromiso fronte ao Nástic.
"Esperamos que moi pronto comece a adestrarse co grupo e ten moitas probabilidades de entrar na convocatoria", asegura Juan José Crespo.

O que con seguridade estará a disposición de Fernando Vázquez é o canario Jorge Larena, que desde hai dous días adéstrase intensamente co grupo e evoluciona moi satisfactoriamente da súa fisura nunha costela.
Pola súa banda, o rumano Gabriel Tamas traballou onte á marxe do grupo por causa dunha contusión no pé esquerdo que non reviste gravidade. O defensor arrastraba ademais unha leve farinxite e tomouse a decisión de darlle onte descanso. Espérase que o xogador se reincorpore hoxe con normalidade ao traballo.

O NÀSTIC - CELTA XÓGASE NO FORO

Publicado por Karlinhos @ 13:17  | Liga
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios