
O primeiro rival do RC Celta na súa volta ás competicións europeas vai estrear
novo adestrador este fin de semana no partido de liga que lle vai enfrontar ao Lierse
O mítico ex-porteiro do Benfica,
Michel Preud'homme é o novo adestrador do equipo belga ao que lle espera un importante reto tanto na liga do seu país, onde equipo debe enderezar o rumbo, así como na copa da UEFA, onde en primeira estancia vai ter un dificil escollo, tal como o RC Celta.
O Standard podería volver contar xa co seu cerebro e creador portugués, Sergio Conceicao, quen mellorou da súa lesión no xeonllo.
Con só
dous puntos logrados nas catro xornadas anteriores, o Standard atravesa unha grave crise de xogo. A este respecto pronunciouse o novo técnico:
«Temos que reaccionar canto antes».
Esta reacción ten como principal obxectivo comezar a reducir a distancia co líder da competición, o Sporting de Anderlecht, que ata a data sumou os doce puntos posibles. O Sporting afronta a xornada coa dúbida de tres dos seus arxentinos -Parella, Froitos e Biglia- lixeiramente tocados. Así pois, en Lieja esperan que as cousas comecen a cambiar nun equipo con cotas moito máis altas.
O PARTIDO DE UEFA QUECE NO FORO