
Cando xa parecía que viramos todo respecto ao caso Giovanella, aparecen
máis novas, cada cal máis escandalosa e
aberrante que á anterior.
Everton xogaba onte o seu
primeiro encontro coa camisola do Celta F.S. fronte ao Coinasa de Ourense. Era a primeira vez que o fútbolista se vestía de corto en moito tempo. O último encontro que eu recordo foi un amistoso contra o Depor na homenaxe a Pérez Alleres.
Segundo contaba hoxe o adestrador en declaracións a RadioVigo,
Giova deixou moi boas sensacións aínda que "está un pouco verde en cuestións tácticas".
Hoxe despertamos cun
novo capítulo deste longo e tenebroso culebrón.
Por unha banda recibimos unha boa nova, xa que o xuíz Serrano-Alnar chamou a declarar como
imputado ao director do laboratorio do Consello Superior de Deportes por un delito de
destrucción de probas.
Este "bo home", encargado de custodiar as mostras de orina de Giovanella para poder facer a contraanálise, guardounas, pero nun sitio un tanto peculiar, o cesto do lixo.
Deste xeito parte das opcións para demostrar a inocencia de Giova acabaron na planta de residuos orgánicos.
Agora enfróntase a unha
petición de cadea de 2 anos.
Pablo Viana, avogado do RC Celta e de Giovanella espera acontecementos para actuar en consecuencia. O caso non está pechado.
Por outra banda, o
diario deportivo madrileño
AS, seguindo unha liña sensacionalista e destructora digna de The Sun ou do Daily Mirror, anuncia a bombo e platillo que
Giovanella pode ser sancionado a perpetuidade. Ademáis, non teñen reparos ningúns en comentar unha foto do xogador debutando co Celta F.S. dicindo que Giova actúa "Como se nada".
Non desexo aos pseudo-xornalistas do AS o pesadelo que esta a vivir está persoa dende hai dous anos.
Non sabemos como acabará isto, pero cada vez semella máis evidente que existe unha
loita de intereses neste caso, cheo de
irregularidades dende o comezo, no que existe máis vontade en ocultar e destruir probas, ademáis de enturbiar a imaxe dun excelente profesional que en sacar a relucir á verdade.
Dende TodoCelta.com, apoiando a Giovanella ao máximo,
esiximos saber a verdade, sexa cal sexa, e pregamos que remate este inferno inhumano, que non só afecta ao Celta e a Giovanella, senón a unha cidade e a unha familia.
Xustiza por favor!.
Karlinhos.
APOIA A GIOVA OU OPINA DO TEMA NO FORO