Xoves, 07 de Setembro de 2006
Antonio Serrano-Arnal, titular do Xulgado de Instrucción número 30 de Madrid,citou a declarar como imputado ó director do laboratorio do Consello Superior de Deportes (CSD), Agustín Rodríguez Cano, por un presunto delito de destrucción de documentos no "caso Giovanella".
O director do laboratorio do CSD foi denunciado pola defensa de Giovanella por destrui-las mostras de orina que impediron realiza-los test de estabilidade que poderían demostrala inocencia do ex xogador do Celta, que foi condenado a dous anos de inhabilitación por dopaxe con nandrolona.
Os avogados do xogador sosteñen que Agustín Rodríguez Cano, na súa condición de funcionario público, destruiu probas que tiña a obriga de conservar e custodiar, incurrindo nun delito tipificado no artigo 413 do Código Penal. Este delito castigase con penas de entre un e cuatro anos de cárcere, entre 7 e 24 meses de multa e inhabilitación de 3 a 6 anos pra exercer cargos públicos. O avogado de Giovanella, Pablo Viana, anunciou que pedirá a máxima condena.
Mentres tanto, o futbolista acaba de enrolarse no Celta Fútbol Sala coa incertidume de se a RFEF, cuxo Comité de Competición sancionoulle por dopaxe en fútbol, tramitará a sua licencia na Liga Nacional de Fútbol Sala. Tanto os avogados de Giovanella como o seu novo clube lembraron onte que non expúsose ningunha xustificación xurídica pra a non tramitación da ficha, o tempo que advirten que están legalmente preparados pra afrontar tal eventualidade.
O Celta Fútbol Sala precisou, asimesmo, nun comunicado, que non desexa "botar un pulso" á RFEF "nin establecer un precedente" coa incorporación de Giovanella ás súas filas e afirma que a vontade do clube "é cumprir e que cumplase a regramentación vixente". Ó mesmo tempo, considera "crave" a incorporación do xogador ó seu proxecto deportivo.


Debut en amistoso


Por outra parte, tras varios meses de decepcións e reveses xudiciais, Everton Giovanella volveu onte a vestirse de curto pra xogar un amistoso co seu novo equipo fronte ó Coinasa de Ourense, da División de Prata. Tratabase, non obstante, dun entreno con púbrico pra preparar o campionato de División de Honra de fútbol sala que o conxunto vigués comezará o vindeiro día 16 frente ó Móstoles.
O conxunto vigués superou ó Coinasa por 4-2 nun partido que os celestes comezaron perdendo. Giovanella, que saiu na segunda metade, deu unha asistencia de gol.



farodevigo.es




Publicado por Kikinho_GZ @ 13:59  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios