Mércoles, 06 de Setembro de 2006

PRIMEIRA DERROTA NA COPA XUNTA


A lesión de Guayre aos 28 minutos de xogo foi o primeiro contratempo do Real Club Celta no seu partido xogado contra o Pontevedra, en Pasarón, no que saíu derrotado por dous goles a cero. As expulsións de Placente (por dobre amonestación, no minuto 79) e de Angel (por vermella directa, no minuto 89) xunto ao penalty que supuxo o 2-0 final, foron os outros apuntes negativos dun encontro para esquecer canto antes. Igor de Souza (minuto 57) e Iuri (minuto 81, de penalty) foron os autores dos goles do equipo pontevedrés.

Tarde complicada para o equipo celeste ante un Pontevedra que saíu a por todas nun partido que parecía ter pouco de luva branca tal e como se desenvolveu. O Celta compuxo unha alineación cos que menos xogan e acusaron algúns dos seus integrantes a falta de rodaje en partidos.

Esteban; Aspas, Tamas, Yago, Placente; Iriney, Jonathan Vila (70´Canobbio); Núñez (61´Angel), Guayre (Roberto Lago, 28´), Gustavo López ( 45´Nené); Perera, foi o equipo que presentou o Real Club Celta neste partido final da fase previa da Copa Xunta de Galicia.

CLASIFICACIÓN GRUPO SUR
1.- Pontevedra 9 7 0
2.- Celta 6 7 2
3.- Ourense 3 2 10
4.- Celta B 0 1 5


celtavigo.net

Publicado por Karlinhos @ 22:38  | Copa Xunta
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios