Pásase de parvo. Lóxicamente non se trata de Giovanella, senón do columnista do AS, Enrique Marín ao que non lle custa o menor traballo coller o seu portátil e comezar a repartir adxectivos ao RC Celta e a Giovanella sen pararse a buscar un mínimo de información.
Califica de "listos" ao RC Celta por buscarlle un acomodo ao hispano-brasileiro despois de que a sanción non lle permita xogar co primeiro equipo. Se este home se parara a informarse, decataríase de que o Celta F.S. é un clube independiente do RC Celta de Vigo, que só ten que ver cos celestes no acordo de patrocionio polo que o Vigo Fútbol Sala adopta as cores e o nome do equipo máis emblemático da cidade.
Este home seguro que leva dous dias chamándolle listos a Horacio Gómez, a Sabino López e a todo o ¿consello? de administración do Celta. Pásase de Listo.
E o que é peor, pásase de PARVO, chamando iluso a Giovanella.
Pásase de PARVO por menosprezar a un gran xogador e mellor persoa que leva dous anos de pesadelo e intenta sacar a súa vida adiante.
Dous anos de titulares, artigos, sentenzas inxustas que converteron a vida dun xogador exemplar, tanto dentro como fóra do campo, nun mal soño digno de calquera película de terror barata.
Non sei que acontecerá finalmente con todo isto. Hoxe, ás 8.45 da mañá as novas son confusas. La Voz de Galicia afirma que Giova xa ten tramitada a súa ficha, e que , a non ser recurso excepcional da FEF, podería xogar xa o vindeiro día 15 fronte ao Móstoles.
Entrementres, diarios como o AS, afirman de xeito rotundo que Everton Giovanella non poderá xogar ao Fútbol Sala, para logo engadirlle a etiqueta de Iluso.
Estaremos atentos aos acontecementos.
Le o artigo do AS
OPINA SOBRE O TEMA E ANIMA A GIOVA NO FORO
| .:: Escribe tu comentario |