ÚLTIMA HORA
A LNFS TAMPOUCO PERMITE O CONCURSO DE GIOVANELLA
Semella que ser boa xente non é un bo argumento para ser deportista profesional no Estado Español.
Fontes da LNFS advirten que Everton Giovanella tampouco poderá ser alineado co Celta F.S. ao considerar que a sanción imposta ten plena vixencia na súa liga.
Esperamos acontecementos.
ANIMA A GIOVA OU OPINA SOBRE O TEMA NO FORO
O ex-xogador do RC Celta, Everton Giovanella ven de asinar o contrato que o vincula por unha temporada ao Celta Fútbol Sala.
Giova foi sancionado hai dous anos por dopaxe ao dar positivo en nandrolona e ser desestimados repetidamente os respectivos recursos.
Deste xeito, un dos xogadores máis queridos polos siareiros vigueses, seguirá vinculado ao Celta e ao deporte.
Estáse a esperar que a Liga Nacional de Fútbol Sala (en plena polémica pola moción de censura ao seu presidente) acepte esta fichaxe e non poña pegas pola sanción no Fútbol Profesional.
Os directivos do clube vigués non esperan ter ningún problema ao respecto e esperan que o hispano-brasileiro se incorpore esta mesma semana aos adestramentos.
Alegrámonos por ti Giova!!!
| .:: Escribe tu comentario |