O Brasilerio, recén cedido á UD Salamanca, podería voltar ao RC Celta, se o corpo técnico o estimase oportuno.
Roberto de Souza estivo onte na cidade deportiva celeste para despedirse dos seus compañeiros. O medio centro brasileiro, que acaba irse cedido ao Salamanca, puido viaxar a Vigo porque o técnico Javier López non o convocou para xogar esta tarde nel Ejido.
O Celta e o club da cidade do Tormes informaran que o brasileiro se ía cedido por toda a tempada, pero onte o xogador precisou que unha cláusula do seu contrato de cesión permite ao Celta recuperalo no mercado do Nadal se o considera necesario.
O club vigués podería considerar esta opción no caso de que necesite reforzar o centro do campo e que Nené consiga o pasaporte comunitario, xa que así quedaría libre unha praza de estranxeiro que podería ocupar De Souza.
Info:lavozdegalicia.es
OUBIÑA XA É INTERNACIONAL
O RC Celta conta xa nas súas filas cun novo internacional, despois de que o vigués, Borja Oubiña debutara onte coa selección española no partido fronte a Liechtenstein. Saiu no minuto 68 substituindo a Albelda. Con 4-0 no marcador, xa non participou demasiado no xogo, aínda que cumpliu sobradamente co seu papel.
TAMAS, PEOR SORTE
O internacional rumano correu peor sorte que o vigués, xa que o seu equipo non puido pasar do empate a dous fronte a Bulgaría, e ademáis foi expulsado.
todocelta.com