Xoves, 31 de Agosto de 2006

JAVI GUERRERO, MARCHA CEDIDO AO RECRE.
SONOU ALOISI PERO NON DEU TEMPO A SÚA CONTRATACIÓN.

Imagen

Día de tolos o vivido hoxe en Praza de España e na maioría das sedes sociais dos equipos españois.
Día de rumores, onde pasouse de soñar con Saviola, ter atado a Luyindula, a confirmar que non habería máis fichaxes ata inverno.

Javi Guerrero finalmente marcha cedido ao Recreativo de Huelva.
Javi Guerrero , dianteiro do Celta de Vigo, xogará cedido no Recreativo de Huelva despois do acordo ao que chegaron esta noite as tres partes.

Deste xeito, o conxunto celeste despréndese dun futbolista que non entraba nos seus plans, sobre todo despois de que o adestrador Fernando Vázquez decidise apartalo do primeiro equipo o pasado once de agosto, pese a que xoga nunha posición que a entidade galega quere reforzar.


No resto dos equipos
, ningún bombazo importante.
Tarde, pero chegou o fax de Reyes a LFP. Xogará no R.Madrid a vindeira temporada.
Preto estivo Andrade (RCD) de xogar esta temporada no R.Madrid, pero non deu tempo, ao igual que a posíbel saída de Helguera ao Racing de Santander.
Ronaldo queda finalmente no club blanco e Ayala no Valencia.
Tristán pide a rescisión do contrato e queda sen equipo para o resto da temporada. Scaloni finalmente queda no clube coruñes.


[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 23:59  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar

ÚLTIMA HORA MERCADO FICHAXES



DESCARTADA NINGUNHA FICHAXE. AGARDARÁSE AO MERCADO DE INVERNO


SOA ALOISI COMO O POSÍBEL REFORZO
JAVI GUERRERO XA É XOGADOR DO RECRE
(21.28)NUNHA WEB ALEMANA DAN POR FICHADO A MIKA VÄYRYNEN
Comprobádeo neste enlace
LUYINDULA DESCARTADO
O Celta quédase sen opcións xa que Luyindula acaba de asinar hai breves momentos (21.00h) co Levante. Só queda como posibilidade de Manchev.
ESCASA ACTIVIDADE EN PRAZA DE ESPAÑA
Semella que o Celta vai quedar sen movementos neste final de plazo de traspasos. Só queda no aire Luyindula, próximo ao Levante e Väyrynen
SAVIOLA CONFIRMA QUE SE QUEDA NO BARÇA

O xogador arxentino confirmou que a súa decisión de seguir no Barcelona "é firme" e está provocada por motivos "deportivos e non económicos. tiven ofertas máis importantes do que cobro no Barcelona, pero a decisión está tomada. puxen nunha balanza os pros e os contras de seguir e cheguei a esta conclusión", afirmou o arxentino.
NICO KRANJCAR FICHA POLO PORTSMOUTH POR 4'5 MILLÓNS DE EUROS



Imagen
Como se da mellor época de Horacio se tratase, o Celta disponse a vivir un axetreado día de peche de mercado de fichaxes.
Varios son os frentes abertos no despacho de Félix Carnero neste momento, e dificil son as súas solucións.



Saviola, dificil saída

Frank Rijkaard está empezando a asumir que vai ter que contar cun suplente de luxo para esta temporada. A saída do "conejo" está practicamente descartada. O xogador non ten intención de abandonar a disciplina do FC Barcelona, aínda que xa sabe que o míster non conta con él.
Pola súa banda o Celta, que ten unha resposta afirmativa por parte do presidente do Barça, non é quen de asumir unha ficha tan elevada, e o que é máis dificil de solucionar, non ten gancho para o futbolista.

Javi Guerrero - Luyindula

O de J.Guerrero poderíase convertir nun longo culebrón senón fóra pola inminente peche do prazo de fichaxes. Vazquez non conta con él, pero a secretaría técnica do Celta estase a encontrar máis problemas dos previstos á hora de buscarlle unha saída.
Na mesa seguen as ofertas de Recre e Nástic, pero ningunha delas parece concretarse.
Entrementres, a chegada de Luyindula segue a expensas do que aconteza con Guerrero. Vazquez estaría desexoso de librarse dunha carga chamada Javi Guerrero e traerse a un futbolista do seu gusto e aprezo, como xa ten declarado en moitas ocasións.

Kepa - Dani

Outros dous nomes descartados pola secretaría técnica. O sevillista, despois de marcar tres goles fronte ao Levante, xa non ten posibilidades de abandonar a disciplina andaluza.
Mentres Dani sabe dende onte por palabras do seu presidente que se quedará ás ordes de Jabo Irureta.
Respiran o siareiros celestes.

Outro dos descartes é o central Mejía. O Celta estaba a agardar que o Madrid fichara a outro xogador para esa posición e así poderei contar co canteirán, situación que non se deu e está case desbotada.



Así pois, espérase unha tarde de moito traballo en Praza de España, que esperemos se salde con algunha boa nova, e porque non, con algún bombazo típico de última hora.
TodoCelta.com seguirá informando ...

kArlInHos.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 9:06  | Mercado
Comentarios (0)  | Enviar
Sebastian Méndez está a vivir uns duros momentos na súa nova andaina arxentina. O S.Lorenzo de Almagro, clube onde milita o exceleste, ven de sufrir unha histórica e humillante derrota fronte ao Boca Juniors (1-7).
Méndez foi expulsado na segunda metade do encontro. Ao remate do partido o resto do seu equipo atopouse a un Méndez destrozado, chorando e autoinculpándose da derrota.
Tal é a situación de Sebas, que estase a plantexar a súa continuidade no equipo.
Mal momento, sen dúbida, por un dos futbolistas máis queridos pola nosa afición.

Todo o animo do mundo, Gallego !!!!!

[...]
Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 8:34  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen

Pablo García viviu unhas primeiras horas moi intensas como celeste.
Despois de facer a súa presentación oficial, o uruguaio xogou os noventa minutos do partido fronte ao filial, amosando unha boa condición física. De feito, ven de facer dun xeito regular a pretemporada co Real Madrid, o que lle permite non distar moito do ton físico do resto dos seus novos compañeiros. Xa quixeran Cannobio ou Baiano ...
Fronte aos "pequenos" fixo un bo partido, onde se adicou a organizar o medio do campo repartindo balóns. O primeiro gol naceu nunha xogada de seu.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 8:28  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen
O noso adestrador aínda non deu por zanxada a polémica arbitral do pasado luns. A explicación dada por Díaz Vega onte no diario AS, dicindo que o primeiro gol non foi fóra de xogo enfadou, e moito ao de Castrofeito.
"Hai influenza clara de Giuly. A parede era para el e interfere nos movementos do meu defensa e na carreira de Contreras". O técnico sinalou que "hai quen parece que quere abolir o fóra de xogo e a regra é clave para a evolución do fútbol. É a que organiza este deporte tan bonito. Os que pretenden dicir que estorba equivócanse por completo. O fútbol perdería a súa esencia máis apreciábel". Ademais, Vázquez tamén cre que "no terceiro gol terían pitado penalti se a falta prodúcese ao revés".

CRÍTICAS AO PARTIDO FRONTE O CELTA B

A pesar de mostrarse a favor da Copa Xunta, Vazquez opina que nunca se deberían enfrontar un filial contra o seu primeiro equipo. Para él a solución ideal sería que o filial céltico xogara no grupo do norte.
[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 8:22  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Mércoles, 30 de Agosto de 2006
O corpo técnico do Lieja foi despedido ao completo no dia de hoxe, polos malos resultados tanto na Liga Belga como en Europa. Faise cargo do equipo o famoso exporteiro belga Preud'homme
Publicado por Karlinhos @ 22:37  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen
Segundo rumores da Radio Galega, Saviola pode estar cerca do RC Celta. A secretaria técnica do RC Celta leva dias a falar coa directiva do Barça, que non lle puxo ningún impedimento para o traspaso.
O único impedimento é a alta ficha do xogador, 5 millóns de euros. O Celta esta a intentar negociar que o propio xogador baixe os seus emolumentos, ou que o barça se faga cargo dunha parte do soldo.
Mañá teremos a solución definitiva.
Soñar é gratis !!!!



[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 20:31  | Mercado
Comentarios (0)  | Enviar
Barreiro. 18.30h
CELTA 2 - 0 CELTA B
Partido correspondente á Copa Xunta
Goles de Nuñez e Perera.
Pablo García chegou e xogou os 90 minutos.
[...]
Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 20:25  | Copa Xunta
Comentarios (0)  | Enviar

O uruguaio pode debutar hoxe fronte ao CeltaB na Copa Xunta
ImagenImagen


O Celta de Vigo presentou ao centrocampista uruguaio Pablo García, que chega cedido do Real Madrid ata o 30 de xuño do próximo ano, aínda que a entidade galega resérvase unha opción de compra sobre o xogador.

O futbolista, que estivo acompañado na presentación polo director deportivo do Celta, Félix Carneiro, recoñeceu que tiña moitas propostas doutros equipos para a súa fichaxe, pero recordou que fichou polo equipo que dirixe Fernando Vázquez porque era a opción que máis lle gustaba.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 19:37  | Mercado
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen

Oubiña , centrocampista internacional do Celta de Vigo, espera que nos dous próximos partidos, os primeiros de clasificación para a Eurocopa 2008, chegue un ansiado debut coa selección absoluta. Ante Liechtenstein ou Irlanda pode ter minutos, pero destaca que o principal é obter dous triunfos. "Estou vivindo unha experiencia tranquila, non estou nervioso. Hai un grupo estupendo que me acolleu moi ben. Estou ilusionado e esperando que se cumpra o principal argumento que é gañar os dous partidos", manifestou.

Oubiña diferenciou as súas calidades no centro do campo do resto de opcións que ten na selección española Luís Aragonés. "O meu estilo de xogo non se asemella a Albelda nin a Xabi Alonso. Gustaríame aprender deles, que están na elite do fútbol, pero non me sitúo preto de ningún dos dous", sinalou.

Borja Oubiña eloxiou a contratación do seu equipo do uruguaio Pablo García, que afirmou axudaralle a mellorar" como futbolista. "Pablo García é un gran fichaje co que o Celta sairá gañando. É un tipo de xogador que a xente que lle coñece sabe o que pode facer. Vainos a vir moi ben, a nivel de experiencia e persoal axudarame a mellorar. Vou aprender moito del", admitiu.

Fonte:marca.com
[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 16:09  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar

" EU QUERÍA XOGAR AQUÍ"

Imagen A amizade entre Cannobio e P.García parecer ser un dos factores determinantes para que o uruguaio, ex do Real Madrid acabe no noso equipo.
García chegou onte a Vigo, onde pasou o recoñecemento médico, e será presentado hoxe ao redor das 13 horas.
"É a opción que máis me gustaba". O uruguaio tiña tamén algunha outra oferta interesante, como a do Zaragoza, pero o bo plantel dos célticos, e a posibilidade de xogar a copa da Uefa este ano decantárono polos celestes.
García estivo en equipos como o Wanderers, Peñarol, Milán, Osasuna, R.Madrid e agora, Celta de Vigo.

Roberto vaise cedido ao Salamanca

Roberto de Souza xa é oficialmente xogador do Salamanca, despois de que o clube salmantino chegará a un acordo de cesión co Celta. O xogador chega ilusionado e "con ganas de triunfar"

Foto; Faro
[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:31  | Mercado
Comentarios (0)  | Enviar



O Celta comezou a nova tempada cunha derrota ante o actual campión, nun partido no que se repetiron erros do pasado, incluídos os arbitrales. Baiano anotou o primeiro gol na liga. O Barça deulle a volta ao partido en 5 minutos de inspiración.



Un gran ambiente, con máis de 28.000 espectadores, e unha tarde agradable de agosto invitaban a un bo espectáculo balompédico. E o partido non defraudou. Non tivo a conxunción nin a calidade que seguramente veranse máis entrada a tempada, nin a emoción propia dos partidos claves. Pero andou sobrado noutras cousas, como polémica, goles ...

Fernando Vázquez colocou un once esperado, cos únicos cambios de Placente (co que Anxo xogou na banda esquerda e Lucas na dereita), e o obrigado de Gustavo por De Ridder na banda dereita. Tanto o canario como o corvo, aínda xogando a pé cambiado, foron dos mellores do Celta.



O partido tivo dous partes ben diferentes. Na primeira o xogo foi máis lento, e o Barcelona non creaba demasiado perigo. O gol de Baiano puxo aínda máis nerviosos aos cataláns, que con todo saíron a por todas na segunda parte. Nesta o partido abriuse e chegaron multitude de oportunidades por ambos bandos. En lugar dun 2-3 puido ser perfectamente un 3-2.

"O Barcelona necesitou de dous goles daquel xeito para finalmente vencernos"
Fernando Vázquez, en referencia ao arbitraje de Pérez Lasa


Entre medias, Pérez Lasa, que concedeu dous goles (o primeiro e o terceiro) cando menos, dubidosos, ademais de expulsar por dobre amarela a Iriney.

Para ser o primeiro, para ser o Barça o rival, para faltar no once xogadores como De Ridder, Placente ou o xa celeste Pablo García, para vir dunha pretemporada tan nefasta en canto a resultados, para o arbitraje sufrido? a verdade, non está nada mal.

Algúns verán o futuro do Celta abaixo; outros, arriba. Démosle tempo a este proxecto, a que se conjunten as pezas, e despois xulgaremos. Isto acaba de empezar.

crónica:celestes.org

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 0:51  | Liga
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen

Pablo García xa é novo xogador do Celta para a vindeira temporada, despois de que galegos e madrileños chegaran a un acordo de cesión.
Aínda non se revelaron máis detalles da operación aínda que todo apunta a que se trata dunha cesión con opción de compra, tal e como quería o R.Madrid.

O xogador será un bo reforzo para o mediocampo céltico, onde seguramente fará parella con Oubiña, dándolle a este último máis liberdade no ataque.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 0:34  | Mercado
Comentarios (0)  | Enviar