Xoves, 31 de Agosto de 2006

JAVI GUERRERO, MARCHA CEDIDO AO RECRE.
SONOU ALOISI PERO NON DEU TEMPO A SÚA CONTRATACIÓN.

Imagen

Día de tolos o vivido hoxe en Praza de España e na maioría das sedes sociais dos equipos españois.
Día de rumores, onde pasouse de soñar con Saviola, ter atado a Luyindula, a confirmar que non habería máis fichaxes ata inverno.

Javi Guerrero finalmente marcha cedido ao Recreativo de Huelva.
Javi Guerrero , dianteiro do Celta de Vigo, xogará cedido no Recreativo de Huelva despois do acordo ao que chegaron esta noite as tres partes.

Deste xeito, o conxunto celeste despréndese dun futbolista que non entraba nos seus plans, sobre todo despois de que o adestrador Fernando Vázquez decidise apartalo do primeiro equipo o pasado once de agosto, pese a que xoga nunha posición que a entidade galega quere reforzar.


No resto dos equipos
, ningún bombazo importante.
Tarde, pero chegou o fax de Reyes a LFP. Xogará no R.Madrid a vindeira temporada.
Preto estivo Andrade (RCD) de xogar esta temporada no R.Madrid, pero non deu tempo, ao igual que a posíbel saída de Helguera ao Racing de Santander.
Ronaldo queda finalmente no club blanco e Ayala no Valencia.
Tristán pide a rescisión do contrato e queda sen equipo para o resto da temporada. Scaloni finalmente queda no clube coruñes.



Publicado por Karlinhos @ 23:59  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios