ÚLTIMA HORA MERCADO FICHAXES O xogador arxentino confirmou que a súa decisión de seguir no Barcelona "é firme" e está provocada por motivos "deportivos e non económicos. tiven ofertas máis importantes do que cobro no Barcelona, pero a decisión está tomada. puxen nunha balanza os pros e os contras de seguir e cheguei a esta conclusión", afirmou o arxentino.
DESCARTADA NINGUNHA FICHAXE. AGARDARÁSE AO MERCADO DE INVERNO
SOA ALOISI COMO O POSÍBEL REFORZO
JAVI GUERRERO XA É XOGADOR DO RECRE
(21.28)NUNHA WEB ALEMANA DAN POR FICHADO A MIKA VÄYRYNEN
Comprobádeo neste enlace
LUYINDULA DESCARTADO
O Celta quédase sen opcións xa que Luyindula acaba de asinar hai breves momentos (21.00h) co Levante. Só queda como posibilidade de Manchev.
ESCASA ACTIVIDADE EN PRAZA DE ESPAÑA
Semella que o Celta vai quedar sen movementos neste final de plazo de traspasos. Só queda no aire Luyindula, próximo ao Levante e Väyrynen
SAVIOLA CONFIRMA QUE SE QUEDA NO BARÇA
NICO KRANJCAR FICHA POLO PORTSMOUTH POR 4'5 MILLÓNS DE EUROS
Como se da mellor época de Horacio se tratase, o Celta disponse a vivir un axetreado día de peche de mercado de fichaxes.
Varios son os frentes abertos no despacho de Félix Carnero neste momento, e dificil son as súas solucións.
Saviola, dificil saída
Frank Rijkaard está empezando a asumir que vai ter que contar cun suplente de luxo para esta temporada. A saída do "conejo" está practicamente descartada. O xogador non ten intención de abandonar a disciplina do FC Barcelona, aínda que xa sabe que o míster non conta con él.
Pola súa banda o Celta, que ten unha resposta afirmativa por parte do presidente do Barça, non é quen de asumir unha ficha tan elevada, e o que é máis dificil de solucionar, non ten gancho para o futbolista.
Javi Guerrero - Luyindula
O de J.Guerrero poderíase convertir nun longo culebrón senón fóra pola inminente peche do prazo de fichaxes. Vazquez non conta con él, pero a secretaría técnica do Celta estase a encontrar máis problemas dos previstos á hora de buscarlle unha saída.
Na mesa seguen as ofertas de Recre e Nástic, pero ningunha delas parece concretarse.
Entrementres, a chegada de Luyindula segue a expensas do que aconteza con Guerrero. Vazquez estaría desexoso de librarse dunha carga chamada Javi Guerrero e traerse a un futbolista do seu gusto e aprezo, como xa ten declarado en moitas ocasións.
Kepa - Dani
Outros dous nomes descartados pola secretaría técnica. O sevillista, despois de marcar tres goles fronte ao Levante, xa non ten posibilidades de abandonar a disciplina andaluza.
Mentres Dani sabe dende onte por palabras do seu presidente que se quedará ás ordes de Jabo Irureta.
Respiran o siareiros celestes.
Outro dos descartes é o central Mejía. O Celta estaba a agardar que o Madrid fichara a outro xogador para esa posición e así poderei contar co canteirán, situación que non se deu e está case desbotada.
Así pois, espérase unha tarde de moito traballo en Praza de España, que esperemos se salde con algunha boa nova, e porque non, con algún bombazo típico de última hora.
TodoCelta.com seguirá informando ...
kArlInHos.
| .:: Escribe tu comentario |