O noso adestrador aínda non deu por zanxada a polémica arbitral do pasado luns. A explicación dada por Díaz Vega onte no diario AS, dicindo que o primeiro gol non foi fóra de xogo enfadou, e moito ao de Castrofeito.
"Hai influenza clara de Giuly. A parede era para el e interfere nos movementos do meu defensa e na carreira de Contreras". O técnico sinalou que "hai quen parece que quere abolir o fóra de xogo e a regra é clave para a evolución do fútbol. É a que organiza este deporte tan bonito. Os que pretenden dicir que estorba equivócanse por completo. O fútbol perdería a súa esencia máis apreciábel". Ademais, Vázquez tamén cre que "no terceiro gol terían pitado penalti se a falta prodúcese ao revés".
CRÍTICAS AO PARTIDO FRONTE O CELTA B
A pesar de mostrarse a favor da Copa Xunta, Vazquez opina que nunca se deberían enfrontar un filial contra o seu primeiro equipo. Para él a solución ideal sería que o filial céltico xogara no grupo do norte.
| .:: Escribe tu comentario |