Mércoles, 30 de Agosto de 2006



O Celta comezou a nova tempada cunha derrota ante o actual campión, nun partido no que se repetiron erros do pasado, incluídos os arbitrales. Baiano anotou o primeiro gol na liga. O Barça deulle a volta ao partido en 5 minutos de inspiración.



Un gran ambiente, con máis de 28.000 espectadores, e unha tarde agradable de agosto invitaban a un bo espectáculo balompédico. E o partido non defraudou. Non tivo a conxunción nin a calidade que seguramente veranse máis entrada a tempada, nin a emoción propia dos partidos claves. Pero andou sobrado noutras cousas, como polémica, goles ...

Fernando Vázquez colocou un once esperado, cos únicos cambios de Placente (co que Anxo xogou na banda esquerda e Lucas na dereita), e o obrigado de Gustavo por De Ridder na banda dereita. Tanto o canario como o corvo, aínda xogando a pé cambiado, foron dos mellores do Celta.



O partido tivo dous partes ben diferentes. Na primeira o xogo foi máis lento, e o Barcelona non creaba demasiado perigo. O gol de Baiano puxo aínda máis nerviosos aos cataláns, que con todo saíron a por todas na segunda parte. Nesta o partido abriuse e chegaron multitude de oportunidades por ambos bandos. En lugar dun 2-3 puido ser perfectamente un 3-2.

"O Barcelona necesitou de dous goles daquel xeito para finalmente vencernos"
Fernando Vázquez, en referencia ao arbitraje de Pérez Lasa


Entre medias, Pérez Lasa, que concedeu dous goles (o primeiro e o terceiro) cando menos, dubidosos, ademais de expulsar por dobre amarela a Iriney.

Para ser o primeiro, para ser o Barça o rival, para faltar no once xogadores como De Ridder, Placente ou o xa celeste Pablo García, para vir dunha pretemporada tan nefasta en canto a resultados, para o arbitraje sufrido? a verdade, non está nada mal.

Algúns verán o futuro do Celta abaixo; outros, arriba. Démosle tempo a este proxecto, a que se conjunten as pezas, e despois xulgaremos. Isto acaba de empezar.

crónica:celestes.org


Publicado por Karlinhos @ 0:51  | Liga
Comentarios (0)  | Enviar
.:: Escribe tu comentario
Usuario: Estou logueado en miarroba
Comentario:
 
 
Comentario rapido by: EffectedCard
Comentarios