Luns, 13 de Novembro de 2006
DESPOIS DE EXPERIMENTAR NUMEROSOS PROBLEMAS CON MIARROBA. TODOCELTA.COM MÚDASE A WORDPRESS. PREMEDE AKI PARA VISITAR A NOVA WEB
Publicado por Karlinhos @ 14:57
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 02 de Novembro de 2006
Segundo o resultado da última enquisa de todocelta.com, o Eintracht semella o rival menos temible do "grupo da morte" onde está encadrado o Celta. Só un 7,42 % dos votos, dan aos xermanos como favoritos para a clasificación para a seguinte rolda.
Os 147 votos dos nosos visitantes, clasifican ao Celta como primeiro de grupo, e logo ao Newcastle e ao Fenerbache.
Ogallá leven razón






.
[...]
Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 13:35  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen


Volve a UEFA a Balaídos. Esta noite, a partir das 21.00h o Eintracht de Franckfurt coñecerá ao Celta e a Balaídos.
Será unha ocasión de ouro para que Friedhelm Funke, adestrador dos xermanos, coñeza como é Balaídos nunha noite europea.



O adestrador alemán declarou que quedou sorprendido do poucos afeccionados e o escaso ambiente que houbo en Balaídos fronte ao Sevilla.


Así mesmo, aínda que advertiu do perigo dos celestes ao contraataque, pensa que o seu equipo non ten que ter excesivos problemas para vencer en Vigo, declaracións estas realizadas á web oficial do Eintracht.

Entre os nosos, cabe destacar a ausencia de Oubiña, que non vai forzar para non perderse o partido no Bernabeu,e a de Placente, aínda mancado.Asemade, é máis que posible volta de Jorge Larena ao once titular.

Entrementres Vazquez, destacou o poderío táctico e físico do Eintracht, rival polo que amosa un gran respecto, aínda que o que máis lle preocupa é que o seu equipo recupere o nivel de xogo amosado noutras datas.

Balaídos non se enchera (que novidade!). Onte só 6.000 aboados retiraran o seu suplemento, e tal como puido comprobar hoxe TODOCELTA, a venda de entradas á mañá era lenta pero constante. Non existían colas nas taquillas.
Ao redor de 1500 alemáns estarán en Rio Baixo, e esta mañá xa poblaban as terrazas do centro de Vigo, probando unha boa "Estrella Galicia".




Multimedia

Aquí vos deixo un video de como animan os alemáns. Son risas a canción de Pipi Calzaslargas xDD. Flipade como se move a estructura do estadio!!.





E aquí vos deixo outro video feito por un siareiro de Eintacht na última visita a Munich, no encontro fronte ao Bayern. Ao comezo semella o video de Jesulinho da viaxe a Coruña.
Impresionante o Allianz Arena. Calcadiño a Balaídos Llorica



¿Cantan en Español na canción?





[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:52  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 31 de Outubro de 2006
BOOMERANG INTERVIÚ




Hora XXV, esa foi a primeria denominación do agora coñecido Boomerang Interviú. Este clube naceu en 1977 fundado da mán do máis que coñecido Jose María García.
Nos primeiros encontros, xogaron ilustres personaxes coma, o propio Jose María García, Ufarte, Abelardo, Amancio, Goyanes...claro está que o carácter dos encontros era de amigables e partidos de exhibición.

Na primeira tempada n Primeira División acadou o título de Liga (tempada 79/80), xa co patrocinio de Edicións Zeta, e co nome Interviú Hora XXV.
Asúa etapa máis gloriosa coincide co patrocinio de Corte Inglés acadando 8 títulos de Liga consecutivos, e catro Copas de España.


Nas dúas tempadas co nome deportivo de Antena 3 Boomerang, consiguíronse , unha Copa de España, unha Supercopa e o decimoterceiro Campionato de Liga, sendo así o clube mais laureado do fútbol sala nacional.
Na campaña 2002/2003 volveu acadar o título de Liga, e unha Supercopa, acadando a propiedade de ambos títulos.

A tempada 2003/2004 será recordada por todolos afeccionados a este deporte como a mellor tempada de calquera clube da liga do futbol sala nacional, o ser quen de acadar tódolos títulos en xogo; Liga, Copa, Copa de Europa, Supercopa, e Copa de Ibérica. Como colofón a esa gran tempada, na seguinte, acadou o único título que lle faltaba nas súas vitrinas...a Copa Intercontinental.

Finalmente o ano pasado, este clube acadou outros 5 títulos entre Copa de Europa, Copa Intercontinental, Copa Ibérica, Campión de Madrid, e campión da Supercopa de España, ademais de ser recoñecido polo Consello de Ministros, como novo membro da Real Orde do Mérito Deportivo, coa categoría de Placa de Ouro.



Palmarés:

16 Títulos de Liga
8 Títulos de Copa
7 Copas de Europa
3 Copas da UEFA futsal Cup
2 Veces campion do mundo
2 Copas Ibéricas


O ENCONTRO



O encontro que disputarán mañá, día 1, as 12:30 no pavillon Caja Madrid de Alcalá de Henares, estará marcado pola imperiosa necesidade do Celta F.S de acadar un resultado positivo, xa que do contrario os seus rivais directos na loita por evadir o descenso poderán distanciarse e comezar a por terra de por medio.

O Boomerang Interviú chega a este encontro co liderato posto en mente, e loitará co El
Pozo Murcia por rematar esta xornada no primeiro posto da táboa.
No partido pasado o Celta Plantou cara fronte o Caja Segovia , pero non foi quen de acadar nada positivo na súa visita ó Municipal Pedro Delgado. O resultado foi de 2-1 o que deixa claro que foi un encontro moi disputado e no que poido suceder calquera cousa.


O adestrador do equipo celtiña, comentou referent o choque de mañá, que: “é un rival moi complicado, nunha cancha moi complicada. O Boomerang é un equipo que vai a perder 2 ó 3 partidos en toda la liga. O Carnicer xa lle gañou y temos que seguir con esa ilusión e tentar sacar os 3 puntos adiante”.

O Boomerang , lembremos, é o equipo menos goleado do cambpionato con tan só 11 goles en contra, o que fai unha media de 1,5 goles por partido. Para Gustavo Montero, “é un equipo que ten moitísima calidade individual, moita velocidade e que fai perto de 40 ocasións de gol por partido. Ademáis de que están recuperando o seu bo xogo, o amosaron fronte ó Lobelle e teñen a un Schumacher increíble”.

O equipo está doío e pasando por un bache anímico pero coma sinalaba o adestrador: “concienciado de que de esta situación sáese con traballo, estando unidos directiva, plantilla e afeccionados e estamos convencidos de que sairemos adiante”.



BOOMERANG INTERVIÚ – CELTA DE VIGO
1/11/06 12:30 Pab.: Caja Madrid de Alcalá de Henares
Árbitros: Peña Díaz y Peña Gómez (Granada)
BAIXAS: Luis Arrizabalaga (Boomerang Interviú), recuperase dunha intervención no quinto metatarsiano do pé esquerdo. Siso (Celta de Vigo), por decisión técnica.



Iago Fernandez xefe de prensa da sección de Futbol Sala de TODOCELTA.COM


[...]


Ler máis ...
Publicado por IaguinhoGZ @ 16:58  | Celta FS
Comentarios (1)  | Enviar
Luns, 30 de Outubro de 2006

Imagen


Desastroso encontro o protagonizado onte polo RC Celta ante un Sevilla, que exerceu de vixente campión da UEFA e meteu, literalmente, un repaso aos vigueses.

A pesar de adiantarse pronto no marcador grazas a un tanto de Nené, o Celta nunca estivo enchufado ao encontro. Canobbio (que se adicou a botar a siesta durante todo o partido) fallou unha clara ocasión que poderia ter sentenciado o encontro.

O Sevilla soubo refacerse despois do gol e foi gañando terreo aos célticos.
Poulsen
foi o encargado de conseguir o empate para os sevillistas. Gran parte de culpa dese gol foi de Navas, que cuaxou onte un excelente partido, rompendo a un Placente apático e que foi substituido no descanso por Jonathan.

Xa na segunda metade, o Celta semellaba un pouco máis enchufado ao encontro, pero onte non era a nosa tarde.
Unha gran pifia de Nuñez en defensa regalou o segundo gol para os sevillistas, que xa avisaran anteriormente cun balón ao longueiro. Adriano non perdoou.

De todos xeitos, a pesar do baño sevillista, o Celta tivo a ocasión de empatar cun penalti no minuto 88 que errou Baiano, e que Contreras non soubo materializar no rexeite.

En definitiva, partido para esquecer o de onte e que puido ser peor xa que o Sevilla tivo ocasións para golear.
Ningún equipo pegou tal meneo ao Celta en Balaídos dende que ascendimos.

Ogalla o xoves sexa outra historia.

NOTA:TodoCelta.com non pode ofrecer hoxe o resumo do encontro. Intentaremos buscar solución ao longo da tarde.
[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 16:15  | Liga
Comentarios (0)  | Enviar
Domingo, 29 de Outubro de 2006

Imagen

O Celta enfrontarase hoxe ao Sevilla en Balaídos nun encontro que pode ser determinante nas aspiracións celestes esta temporada.

Unha victoria hoxe fronte ao vixente campión da copa da Uefa podería ser moi importante para achegarse aos postos UEFA e enfrontar con tranquilidade o encontro fronte ao Eintracht.

En Vigo a dúbida a protagoniza Borja Oubiña que hoxe cumple 3 anos dende o seu debú co primeiro equipo. O canteirán entrou na lista aínda que ten complicada a súa participación no once inicial.
Outro que tamén está de aniversario e ten garantido o seu concurso no encontro e Pinto, que celebra o seu partido número 100 na élite.
Con Placente xa recuperado, a outra dúbida e a de Lequi, quen parece que comezará o partido no banco cedéndolle o posto a Tamas.
As outras baixas son as xa sabidas de Gustavo, De Ridder e George Lucas.

Os hispalenses tamén teñen varios descartes como os de Dani Alves, Luis Fabiano e Chevantón.

Finalmente haberá TV en directo, aínda que xa sabedes que o mellor sitio para gozar do fútbol é Balaídos Sonrisa

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 13:12  | Liga
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen


Os porteiros seguen a ser noticia en Casa Celta. Despois das súas grandes intervencións e das súas respectivas renovacións, agora chega unha nova efeméride. Pinto hoxe cumprirá o seu partido número 100 en primeira división.

Tomas Guasch entrevista ao porteiro no diario AS. Lede a entrevista dentro deste artigo.


[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:54  | Liga
Comentarios (0)  | Enviar

O Eintracht cae fronte ao Bayern e o Newcastle empata co pechacancelas


O rival do Celta o vindeiro xoves, o Eintracht de Francfort, perdeu por 2-0 co Bayern de Munich. Os bávaros foron moi superiores e con goles de dous ex xogadores da Liga española, Makaay e Van Bommel, sentenciaron o partido na primeira media hora de xogo. Logo Pizarro marró un penalti ante a parada acertada de Nikolov antes do descanso.

O Eintracht terminou o partido con dez xogadores pola expulsión de Kyrgyakos e isto obrigou a un esforzo maior aos seus compañeiros durante boa parte do segundo período. Os de Francfort caen á décimo terceira posición.

Tamén foi mala a imaxe do Newcastle que empatou ao Charlton, pechacancelas da Premier. Un partido sen goles, no que chegou a saír ao campo o ex deportivisita Albert Luque, evidenciou o mal momento das urracas. Seguen flirteando cos postos de descenso de categoría.

Os outros rivais do grupo do Celta xogan hoxe. O Palermo intentará defender o liderado na súa visita a Florencia para xogar ante a Fiorentina que é un dos equipos castigados con perda de puntos polo que se atopa penúltimo con menos catro puntos na táboa. O Fenerbhaçe tamén xoga hoxe ante o Manisaspor a partir das sete da tarde.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:40  | UEFA
Comentarios (0)  | Enviar
Sábado, 28 de Outubro de 2006
CAJA SEGOVIA F.S


Os comezos deste club datan de 1985 cando un grupo de amigos formaron o, naquel entonces chamado, “La escuela homo de San Millán”.

Dende esta data, o nome foi cambiando; “ La escuela F.S”, “Prodiecu F.S”, e finalmente tal e como agora o coñecemos, “Caja segovia F.S”.

A meirande historia do clube comezou a tomar forma cun gol de xogador Cesar Muñoz, que significou a con [...]
Ler máis ...
Publicado por IaguinhoGZ @ 16:01  | Celta FS
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 27 de Outubro de 2006

Imagen

"Quédame moi lonxe. Supoño que daquela me faría ilusión"


Coa súa seriedade e sangue frío habitual, Borja Oubiña falaba onte para o diario AS sobre os tres anos que vai cumprir co primeiro equipo.

O 4 celeste debutou un 29 de Outubro de 2003 fronte ao Valencia naquel fatídico ano da Champions e do descenso.
De feito, estes dous feitos son dos que máis marcaron ao vigués.


"Do meu tempo como profesional quedaría no aspecto negativo co descenso, e no positivo co ascenso e o debút na Champions. Non sabería como describir esa sensación".


Aínda que o xa internacional absoluto non se acorde, ese debut foi moi importante para o celtismo. A canteira celeste volvía facer debutar un gran xogador cun excelente futuro. O último fora Michel Salgado.
Ogalla poidamos gozar outros tres anos do mellor Oubiña.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 13:19  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen


Segundo informa celestesgal, Pablo García e Néstor Fabián Canobbio foron chamados por Washington Tabarez para disputar un encontro amigable fronte a Xeorxia o vindeiro 15 de Novembro.
Xunto aos celestes, tamén iran convocados outros coñecidos da liga española, como o porteiro do Vilareal Viera, Diogo, Estoyanoff, Forlán ou Regueiro.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 13:01  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 26 de Outubro de 2006

Imagen


A nova camisola celeste supera en só dous meses as vendas de camisetas de todo un ano.

Segundo publica Faro De Vigo hoxe, a nova equipación suplente está a ter unha acollida descoñecida ata o de agora en Vigo.
Dende que se presentara a equipación na festa de Castrelos do pasado verán, 6.564 persoas xa adquiriron a súa camiseta mandarina.

Un exemplo do éxito de vendas son as 2.000 camisetas granates que se venderon en todo o ano pasado, ou as 4.200 camisetas azuis que se venderon en 2003.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 13:18  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Mércoles, 25 de Outubro de 2006

Imagen


Vivimos nun pais de adestradores. Dun mesmo partido pódense sacar centos de conclusións, todas diferentes, e podemos estar discutindo unha semana completa sobre esas diverxencias.

Pero se hai unha conclusión común que tódolos celestes podemos tirar destes dous últimos encontros, é que temos dous porteirazos.

De Pinto, pouco podemos dicir xa que non se teña comentado nalgunha outra ocasión.
O noso capitán gaditano, heroe do ascenso e da clasificación europea, é un andaluz con corazón celeste. Leva moitos anos aquí e ten saboreado os meles do éxito e a dor do fracaso.
Despois de pasar moitos anos á sombra doutros cancerbeiros alternando banco con algunha que outra racha de titularidade, chegoulle a súa oportunidade, a que aproveitou e de que xeito.
Aquel porteiro inseguro que provocaba un run-run en Balaídos cada vez que facía algunha saída, convertiuse nun gardamallas de reflexos felinos, paradas espectaculares e algún que outro adorno para a televisión. Todo un seguro de vida.
O seu premio chegou o ano pasado coa consecución do Trofeo Zamora, recoñecemento ben merecido. Aínda que semella que ser o porteiro menos goleado da liga, sendo do Celta ten menos meritos que xogaras no Barça ou no Madrid. Vivir para ver.

Esteban chegou a Vigo cunha xa dilatada carreira e un recoñecemento a nivel estatal. Todo apuntaba a que sería o porteiro titular do Celta no seu regreso á élite. Pero non contaba co extraordinario momento de Pinto Colorado.
Quedou relegado ao banco, para só xogar minutos residuais en partidos menores ou para suplir a Pinto. Todos nos lembramos dese partido fronte ao Depor.
Como calquer xogador de elite, Esteban manifestou a súa inconformidade coa súa situación e avogou por buscar unha solución.
Finalmente ficou en Vigo
, e neste mes ten por diante a oportunidade de dar un puñetazo na mesa e reivindicarse como porteiro en Vigo. Os partidos de UEFA e Copa deste mes semellan unha oportunidade de ouro para sumar minutos e demostrar ao público o gran cancerbeiro que é. De momento, así o fixo en Vitoria.

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:37  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen


A eliminatoria vaise decidir en Vigo. Ou polo menos iso é o que se desprende do empate a ceros colleitado polo Celta na súa visita a Mendizorroza.

Fernando Vazquez declaraba antes do encontro que o obxectivo era non encaixar. E asi foi. De feito, pódese considerar como un bo resultado trala expulsión de Angel a comezos da segunda metade.

O Celta, a pesar de sair con tres centrais, fixo un encontro ordeado, que só perigou trala expulsión.
Despois de aguantar as embestidas alavesistas (bo encontro de Esteban), os celestes conformáronse co empate e deixaron todo para dentro de dúas semanas, en Balaídos.



Multimedia


MINIRESUMO DO ENCONTRO



[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 1:38  | Copa do Rei
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 24 de Outubro de 2006
O vindeiro partido do Celta será no campo de Mendizorroza fronte o Deportivo Alavés.
O noso rival ven de gañar na casa ó Castellón por dous a cero nun bo partido. O primeiro tanto foi obra do australiano John Aloisi no minuto 50 e o segundo, dun dos ex-xogadores do Celta, Toni Moral no minuto 92. O equipo vasco sitúase na zona nobre da clasificación, na sétima posición con 15 puntos, a só un do ascenso.
Os celtiñas vanse atopar cun equipo perigoso, feito pra o ascenso, no que milita algún que outro vello coñecido como o "famoso" Toni Moral, Jandro ou efémero Bartolomeu Ogbeche.

Destacan outros xogadores na plantilla vitoriana como o veterano arxentino Astudillo, o defensa tamén arxentino Pablo Brandán, Carpintero, o dianteiro Rubén Navarro ou o xa citado anteriormente, John Aloisi. O adestrador segue a ser o infame Chuchi Cos, que segue a por a cara e o carnet de adestrador pra que o impresentable de Dmitry Piterman siga a facer as alineacións. O Celta non debería ter problemas ante o conxunto alavesista se plantexa un partido serio en defensa xunto cos ramalazos habituais de calidade que posúe a xente de arriba. O Celta contará coas baixas de Placente, o malogrado George Lucas, G.López e Daniel de Ridder. Pola parte do Alavés conta coas baixas por lesión de Jandro, Carreras, Edu Alonso, Carpintero e Wesley e de Gaspar por sanción.

Non están confirmadas as alineacións pero homes coma Esteban, P.García, Guayre, Jonhy ou Tamas teñen todalas papeletas pra xogar mañá.
[...]
Ler máis ...
Publicado por Kikinho_GZ @ 0:54  | Copa do Rei
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 23 de Outubro de 2006
O arxentino Diego Placente non poderá xogar o encontro copeiro que medirá mañá ao Celta co Alavés e é sería dúbida para o choque do próximo domingo co Sevilla, por mor da escordadura que padece no nocello esquerdo.
O lateral esquerdo, que tivo que retirarse aos oitenta e cinco minutos do encontro que enfrontou onte ao Celta co Athletic de Bilbao en San Mamés ( 0-1), non puido exercitarse hoxe por este motivo xunto co resto dos seus compañeiros.

Placente, de 29 anos, traballou baixo a supervisión dos fisioterapeutas do cadro vigués no ximnasio das instalacións de Lezama, lugar habitual dos adestramentos do Athletic de Bilbao, onde se exercitou hoxe o conxunto galego.

A baixa do internacional albiceleste obrigará con case toda seguridade ao canario Ángel López, habitual lateral dereito, a actuar no carril zurdo mañá ante o Alavés en Mendizorroza, nun choque no que Fernando Vázquez aliñará un once infestado de novidades.
[...]
Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 22:35  | Casa Celta
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen

Celtarrismo descóbrenos hoxe unha imaxe acontecida o pasado sábado en Riazor, cando Arizmendi volvia facer gala do seu rancio pensamento na celebración do gol.



"O dianteiro do Coruña Arizmendi, ideolóxicamente da mesma corda que o descerebrado Salva Ballesta, celebrou o gol que anotou esta mesma xornada ante o Atlético de Madrid erguendo o seu brazo dereito ó modo fascista, lembrándonos ó impresentable de Di Canio, que tanta polémica ten suscitado en Italia por realizar acenos semellantes nas celebracións dalgúns dos seus goles. O dianteiro, que xa nalgunha ocasión exhibira a súa ideoloxía fascistoide sacando por exemplo a bandeira española co polo, sorprendeunos no encontro deste sábado sacando a súa zarpa a pasear con toda tranquilidade, e diante dun grupo que agora dí ser antifascista pero que semella que como este tipo mete goles para o seu equipo, se lle perdoa. En fín, cousas de ultras. Sei doutros que tamén van de super ultras antifas e que logo tamén aplauden e corean o nome de Salva por ser ex-xogador do seu equipo. Son dúas probas máis de que no estado español, as palabras ultra e antifascista non casan moito que digamos. É por iso que Celtarras nunca se considerará un grupo ultra, e sempre seremos antifascistas. Non sabemos se acadariamos botar do Celta a un facha déstes, pero o que sí está claro, é que na nosa cidade non o ía pasar todo o ben que quixera."



[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 13:51
Comentarios (2)  | Enviar

Imagen


O RC Celta sumou onte tres importantes puntos a base de sufrimento e orde. Un tempraneiro gol de Baiano, e a inconmensurábel actuación de Pinto fixeron que os vigueses se levaran a victoria e comecen a escalar postos na clasificación.

O partido en sí non tivo máis historia. Salientar o debut de Guayre, que saiu substituindo a Nené, e que finalmente acabamos xogando con 5 defensas e sen dianteiro.
Pero o que realmente importa é que o Celta comeza a sumar, e podemos ir mirando cara arriba na clasificación.
Importante victoria que nos dará tranquilidade para viaxar a Vitoria e recibir ao Sevilla en Balaídos.



Multimedia



Cortesía de celestes.org

[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 12:36  | Liga
Comentarios (2)  | Enviar
Luns, 16 de Outubro de 2006

Aquí estamos de novo. Despois dalgunha tentativa de cambio na web, e algún que outro problemiña técnico, voltamos aos nosos orixes co noso formato de blog.
Prometo non trocar máis o formato en moito tempo, e centrarnos no que realmente nos interesa, que é o RC Celta.
De todos xeitos, estreamos hoxe algunhas características novas. (vou aprendendo html, jeje). Entre elas están a aparición da clasificación na web principal, o novo menú desplegable de artigos anteriores, a opción de escribir comentarios de xeito rápido aos artigos (non é necesario ir a miarroba) e o menú a modo de mini banners.
Intentarei ir mellorando certos aspectos, así como a visualización da web co Internet Explorer. De todos xeitos, nós sempre recomendamos Firefox!!!.
Ao longo destes dias iremos importando os artigos que publicamos no noso outro modelo de web, co fin de completar o noso arquivo de noticias.
Desculpade polas molestias e o sinfin de trocos.
[...]


Ler máis ...
Publicado por Karlinhos @ 17:14  | TodoCelta
Comentarios (3)  | Enviar
Despois de moito agardar, por fin está aqui a primeira entrega do video da viaxe a Riazor o ano pasado. Debido o peso do video vinme na obriga de cortalo en dúas partes e manter unha boa calidade de visión para todos vós. Ogallá vos guste e vos faga rememorar vellos laureles.
HALA CELTA!!!!!!!!!!!!!


[...]

Ler máis ...
Publicado por IaguinhoGZ @ 12:48
Comentarios (0)  | Enviar